Alumnado UVigo promove o galego

Revitalization

This content is currently not available in English

Trátase de consolidar actitudes favorables cara ao galego, así como o fomento do emprego do galego na docencia, investigación, administración, información e representación universitaria.

Portada do almanaque 2025 da Área de Normalización Lingüística

Almanaque da Área de Normalización Lingüística

2025 | 2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018 | 2017

Distintivo de galeguización «Gal Ego»

A través da convocatoria do distintitivo de galeguización «Gal Ego», a Universidade de Vigo pretende incentivar o emprego da lingua galega nas facultades e nas escolas en todas as súas actividades. Este recoñecemento terá unha vixencia de catro anos, tras os que o centro deberá presentarse de novo a esta convocatoria se o quere renovar. Este distintivo de galeguización vai acompañado dunha contía económica de 3000 euros para desenvolver actividades ou iniciativas que fomenten o uso do galego no centro.

En galego! Investigación e divulgación científica


A divulgación científica é un elo central na expansión do coñecemento. Para contribuír a esa tarefa, desde a Área de Normalización Lingüística queremos compartir coa comunidade universitaria unhas guías prácticas, elaboradas por diferentes grupos de investigación da Universidade de Vigo e destinadas especificamente para seren distribuídas e empregadas nos centros de educación secundaria.

Axudas   


Premios e concursos   


Premio «A lingua galega en 2050»

Co obxectivo de promover a reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados do século XXI a partir de propostas ensaísticas, literarias ou de divulgación científica,  a Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, convoca o Premio «A lingua galega en 2050». 

Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción da lingua galega.

Premios de poesía, relato curto e tradución literaria

A Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, convoca cada ano os Premios de poesía, relato curto e tradución. Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción da lingua galega.

Deseguido pódense consultar as obras publicadas:


Premios de ensaio e banda deseñada 2021

Desde o ano 2020 convócanse tamén os Premios de ensaio e banda deseñada 2021. Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción do galego.


Youtubeiros

Youtubeiras é un espazo desde o cal impulsar a creación en galego e xerar unha comunidade que medra cada día, con máis canles, contidos máis diversos e máis subscricións. Trátase dunha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

 

Para máis información, podes contactar coa Área de Normalización Lingüística 
anl@uvigo.gal
+34 986 813 574