Bolsas de internacionalización empresarial do ICEX
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do ICEX, convoca bolsas para a formación da mocidade en internacionalización empresarial.
O programa consiste en:
- Fase 0: Formación durante 3 anos nun Máster universitario en xestión internacional da empresa da Universidade Menéndez Pelayo (75 ECTS) que se imparte en ICEX-CECO en Madrid. O ICEX asumirá os custos do máster oficial, excepto o prezo público, que abonará directamente o estudantado. Ademais, o ICEX concederá unha dotación de entre 500 € a 2000 € en concepto de gastos de transporte e manutención.
- Fase I: Prácticas de duración 12 meses en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior.
- Fase II: Prácticas de duración 12 meses en empresas españolas con actividade internacional ou en entidades ou organismos internacionais
Requisitos
- Posuír a nacionalidade dun estado membro da UE
- Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1992
- Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster Universitario. Será imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos
- Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo B2 do MCERL).
Información e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 20 de abril ata o 18 de maio ás 14.00 horas
Máis información aquí e tamén en www.icex.es/becas