Bolsas internacionalización empresarial ICEX 2021
Convoca
ICEX España Exportación e Inversións. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Obxecto
Concesión de 285 axudas como máximo que permitan a formación de mozos e mozas profesionais especializados en internacionalización empresarial.
Fases
As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:
- Fase I: consistirá na formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro en 2021.
- Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en organismos internacionais dos que España é membro, en 2022.
Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos e mozas profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.
Prazo
Desde o 1 de abril ata o 6 de maio de 2019.