Oferta de emprego de ITMATI: 1 contrato como Business Development Manager
Referencia da oferta: ITMATI-OT-08/2020.
Descrición
O posto ofertado é un 1 contrato como “Business Development Manager” para a intensificación da actividade da Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI polas novas oportunidades de colaboración xurdidas pola pandemia do coronavirus Covid-19
A quen vai dirixido?
Persoas graduadas ou licenciadas en Enxeñaría ou persoas cun mestrado preferentemente relacionado coa matemática e a enxeñaría industrial, con formación específica no desenvolvemento de negocio.
Méritos valorables
- Posuír o mestrado MBA ou afíns
- Ter formación especializada en promoción e desenvolvemento de negocio, en promoción e xestión de proxectos, en contratos de I+D+i e en actividades de transferencia e innovación
- Ter formación específica en xestión e promoción de proxectos internacionais
- Posuír coñecementos de inglés a nivel avanzado
- Ter formación no uso de ferramentas ofimáticas
Onde e cando?
- A data prevista de inicio está programada para finais de xullo de 2020
- A data estimada de fin de obra é o 31 de decembro de 2020 (prorrogable)
- A xornada laboral é a tempo completo
- O lugar de traballo é Santiago de Compostela
Dotación económica
- O contrato ten unha retribución bruta mensual, en 12 pagas, de entre 1487,14 € e 2244 € en función dos méritos e da produtividade por obxectivos alcanzados
Inscrición e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 10 de xullo de 2020 ás 23.59 horas.
Máis información aquí.