Oferta de emprego do ITMATI (ITMATI-OT-14/2019)
Investigador/a a media xornada para proxecto
Referencia da oferta
ITMATI-OT-14/2019
Proxecto
Modelización e optimización de sistemas de refrixeración.
Descrición
Convocatoria de oferta de emprego de investigador/a a media xornada para o proxecto de investigación de aplicación de técnicas matemáticas de simulación, optimización e control á mellora de sistemas de refrixeración, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector do frío industrial e climatización.
Titulación requirida
Licenciatura, grao, máster ou doutoramento en Matemáticas, Física, Informática ou Enxeñaría
Méritos valorables (entre outros)
- Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos.
- Coñocementos de inglés.
Ofrécese
- Retribución bruta mensual: entre 543 € e 905 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
- Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
- Data estimada de fin de obra: xuño de 2020.
- Xornada laboral: media xornada
- Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Pavillón de Servizos, Campus Vida, Santiago de Compostela.
Envío de solicitudes
Ata o 3 de outubro as 00.00 horas.
Máis información na páxina web do ITMATI.