Prácticas enxeñaría mecatrónica
Siemens, S.A. ofrece dentro do programa START unha praza de práctica de enxeñaría mecatrónica.
Que ofrece a empresa?
- Bolsa de axuda de 570 € brutos mensuais
- 6h. diarias en xornada de mañá
- Centro de prácticas: Santiago de Compostela
Que perfil busca a empresa?
- Estudante universitario de Grao en Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicación, Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática ou Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais
- Nivel B2 de inglés.
Plan de formación proposto
Na oficina rexional de Galicia poderá coñecer e aprender sobre algunhas das partes máis recoñecibles de Siemens, como son a automatización, os accionamentos ou coñecer o software relacionado coa industria 4.0 e o “xemelgo dixital” que marcan o futuro sobre o que se construirá a nova división Digital Industry.
Máis información aquí.