Proceso selectivo para técnico/a ICEX na Oficina Económica e Comercial de España en París
Tes experiencia en comercio exterior e queres axudar á internacionalización das empresas españolas en Francia?
O ICEX España Exportación e Inversións ten aberta unha convocatoria para cubrir un posto de técnico/a (xefe/a de departamento adxunto) como persoal laboral fixo na Oficina Económica e Comercial de España en París. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso - oposición.
Requisitos
- Posuír unha titulación universitaria superior ou de grao
- Dominar os idiomas castelán e francés (nivel mínimo: C1)
- Experiencia profesional mínima de dous anos na área de Comercio Internacional que se acreditará documentalmente
- Dispoñibilidade para viaxar
Méritos específicos do posto
- Titulación oficial nas áreas de Economía, Dereito, Enxeñaría ou similar
- Bolsa oficial en Comercio Exterior
- Formación específica relacionada co Comercio Internacional
- Coñecementos do idioma inglés
- Experiencia profesional na área da Internacionalización de empresas e o Comercio Internacional, adicional á mínima esixida de dous anos
Dotación económica
- A retribución será de 50 605,47 € brutos anuais por todos os conceptos (incluídas as pagas extraordinarias)
Inscrición e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de xuño de 2020.
Máis información aquí.