Orientación laboral

A busca de emprego resulta un traballo en si mesmo. Para optimizar tempos, recursos e esforzos é preciso contar co asesoramento adecuado. A orientación laboral é un servizo prestado pola Área de Emprego e Emprendemento para analizar o mercado laboral, definir o perfil profesional e trazar un itinerario de busca de emprego.
 

 Es estudante ou egresado/a e gustaríache recibir axuda para planificar a túa busca de emprego? 

Que te levarás da sesión?

  • Avaliación do teu perfil profesional 
  • Análise do teu potencial para un determinado emprego
  • Asesoramento na busca de emprego
  • Coñecemento dos requisitos laborais demandados polo mercado
  • Oportunidades laborais
  • Ferramentas necesarias para a túa incorporación ao mercado laboral: consellos para a mellora do teu CV, asesoramento para a realización de entrevistas de selección (presenciais e virtuais), preparación da túa participación en feiras de emprego etc.

Se queres solicitar unha entrevista (virtual ou presencial) cunha das nosas técnicas de emprego, podes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo: orientacionlaboral@uvigo.gal

Formulario de solicitude

Servizo de Orientación Laboral

Es representante dunha facultade ou dunha escola e gustaríache que o teu alumnado recibise algún obradoiro de mellora da empregabilidade ou de orientación laboral no teu centro? 

Colaboramos coas distintas escolas e facultades no desenvolvemento do seu plan de acción titorial (PAT) impartindo distintos obradoiros para facilitar o acceso ao mercado laboral.

Entre os obradoiros máis demandados polo estudantado dos últimos cursos de grao e de mestrado destacan aqueles que proporcionan ferramentas sobre:

  • Elaboración de CV e de cartas de presentación
  • Preparación de entrevistas de selección
  • Fomento do autoemprego
  • Redes sociais ou creación da marca persoal

 Captación de talento na función pública 

  • Posibilidades de emprego e como afrontar un proceso de selección para traballar nas institucións da UE
    3 de novembro de 2023, de 16.00 a 18.00 h

  • Aprender viaxando: voluntariado internacional e outros programas de mobilidade
    8 de novembro de 2023, de 16.00 a 18.00 h

  • Convocatorias de prácticas nas institucións europeas
    10 de novembro de 2023, de 16.00 a 18.00 h

  • Proxecto ICEX-VIVES: programa de formación e prácticas para a internacionalización
    17 de novembro de 2022, de 16.00 a 18.00 h

  • Posibilidades de emprego e oposición ao Corpo Nacional do Estado
    24 de novembro de 2023, de 12.00 a 14.00 h

Inscrición

Xornadas de captación de talento na función pública

 

Máis información

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 037
orientacionlaboral@uvigo.gal

Linkedin