Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca catro bolsas formativas no ámbito da actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.
O programa desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de oito meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.
A dotación mensual da bolsa é de 1200 € brutos.
Requisitos
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Posuír unha titulación universitaria. Obterán máis puntuación as seguintes titulacións: Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Comercio e Márketing, Publicidade e Relacións Públicas ou equivalentes.
- Ter concluído os estudos conducentes no ano 2013 ou posterior.
- Valoraranse e se puntuarán os coñecementos dos idiomas inglés, francés, alemán e/ou portugués e a formación en materia de comercio, artesanía ou informática.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de xuño de 2022
Máis información aquí.