Oferta de CITMAga como investigador ou investigadora para un proxecto relacionado coas enerxías renovables
Proxecto
Plantas de enerxía renovable e sistemas de almacenaxe no mercado da enerxía.
Referencia da oferta
CITMAga-OT-08/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador ou investigadora para un proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa do sector da enerxía.
Perfís das candidaturas
Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares).
Valoración de requisitos e de méritos
- Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial, a optimización e a aprendizaxe automática.
- Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica, optimización e predición baseada en datos, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e de métodos numéricos propios destas disciplinas.
- Coñecementos de inglés.
- Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais con restricións alxébricas.
- Métodos numéricos en optimización.
- Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.).
- Control óptimo de sistemas.
- Técnicas de aprendizaxe automática.
- Modelización e predición baseadas en datos.
Características da oferta
- Retribución bruta mensual: 1 862,62 € en 12 pagas.
- Duración do contrato: 6 meses
- Xornada laboral: a xornada completa.
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 17 de marzo de 2022.
Máis información na seguinte ligazón.