Programa New Start, formación para emprendedores en economía social
Inscricións ata o 19 de maio
O obxectivo desta formación é fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en economía social e solidaria.
Obxectivos
- Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
- Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
- Determinar claramente o proxecto e a oferta de valor.
- Identificar o mercado e determinar o seu posicionamento dentro del.
- Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
- Identificar os seus segmentos de clientes ou de usuarios.
- Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
- Determinar unha previsión de custos e ingresos dos proxectos.
- Facer unha previsión financeira dos proxectos e comprobar a súa viabilidade económica.
- Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos.
- Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
- Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
- Obter contactos pertinentes de proxectos similares aos seus para poñerse en rede.
- Público obxectivo: Persoas que están interesadas en formarse e pór en marcha unha iniciativa en economía social.
Programa New Start (20 horas)
Sesión 1. Entidades de economía social: Aspectos clave na elección da forma xurídica e trámites de constitución (5 horas)
- Definición da economía social
- Principios que rexen a economía social
- Tipos de entidades de economía social
- Formas xurídicas e trámites de constitución
Sesión 2. Plan de empresa e implantación dun modelo de negocio sostible en entidades de economía social: o método Canvas (5 horas)
- Creación e emprendemento en economía social
- Plan de empresa
Sesión 3. Viabilidade económico-financeira e incentivos á economía social: axudas e subvencións (5 horas)
- Estudo da viabilidade económica e financeira nas entidades de economía social
- Incentivos á economía social: axudas e subvencións
Sesión 4. Fiscalidade para emprendedores en economía social (5 horas)
Información das sesións formativas
- Datas: 22, 23, 24 e 25 de maio de 2023
- Horario: de 09:00 a 14:00 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de celebración: CIMO. Rúa Río Casaio nº 2, Ourense.
- Inscrición: Gratuíta
- Prazo de inscrición: ata o 19 de maio de 2023
Máis información e inscrición aquí.