Programa New Start, formación para emprendedores en economía social

Inscricións ata o 19 de maio

UVigo - Emprego 27/04/2023

O obxectivo desta formación é fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en economía social e solidaria.


Obxectivos

  • Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
  • Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
  • Determinar claramente o proxecto e a oferta de valor.
  • Identificar o mercado e determinar o seu posicionamento dentro del.
  • Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
  • Identificar os seus segmentos de clientes ou de usuarios.
  • Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
  • Determinar unha previsión de custos e ingresos dos proxectos.
  • Facer unha previsión financeira dos proxectos e comprobar a súa viabilidade económica.
  • Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos.
  • Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
  • Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
  • Obter contactos pertinentes de proxectos similares aos seus para poñerse en rede.
  • Público obxectivo: Persoas que están interesadas en formarse e pór en marcha unha iniciativa en economía social.

Programa New Start (20 horas)

Sesión 1.- Entidades de economía social: Aspectos clave na elección da forma xurídica e  trámites de constitución (5 horas)

  • Definición da economía social
  • Principios que rexen a economía social
  • Tipos de entidades de economía social
  • Formas xurídicas e trámites de constitución

Sesión 2.- Plan de empresa e implantación dun modelo de negocio sostible en entidades de economía social: O método Canvas (5 horas)

  • Creación e emprendemento en economía social
  • Plan de empresa

Sesión 3.- Viabilidade económico-financeira e incentivos á economía social: axudas e subvencións (5 horas)

  • Estudo da viabilidade económica e financeira nas entidades de economía social
  • Incentivos á economía social: axudas e subvencións

Sesión 4.- Fiscalidade para emprendedores en economía social (5 horas)

Información das sesións formativas

  • Datas: 22, 23, 24 e 25 de maio de 2023
  • Horario: de 09:00 a 14:00 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de celebración: CIMO. Rúa Río Casaio nº 2, Ourense.
  • Inscrición: Gratuíta
  • Prazo de inscrición: ata o 19 de maio de 2023

Máis información e inscrición aquí.