Matrícula mestrados
Consulta o calendario de preinscrición e matrícula para o curso académico 2020/2021
Na seguinte ligazón poderás ver todos os mestrados que ofertamos
Matricularse por primeira vez
Para iniciar estudos por primeira vez nunha titulación da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:
Podes consultar as listaxes de admisión a través da túa secretaría virtual ou na seguinte ligazón:
Consulta as listaxes de admitidos
Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, a continuación atoparás toda a información que precisas:
Continuar estudos
Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites a través da secretaría:
Sobre o proceso de matrícula
Para formalizar a matrícula nun mestrado hai diferentes fases:
- Preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario
- Matrícula
No caso de quedaren prazas vacantes, abrirase un novo prazo.
Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.
Tipos de matrícula
Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:
- Matrícula ordinaria
- A tempo completo
- A tempo parcial
- Estudantado de programas interuniversitarios
- Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
- Cota de estudantado con discapacidade
Se es estudante estranxeiro/a, na seguinte guía atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo
Guía para o estudantado estranxeiro (en español)
Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos
- Oferta de mestrados da Universidade de Vigo
- Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros (web do MEFP)
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal