Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo
Data de celebración:
21 of March of 2023 at 20:00Dirixido a
Público externoOrganiza
Club Peña Trevinca , Universidade de Vigo and Concello de VigoLugar
Praza do Rei, 1
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De baldeModalidade
PresencialNo Auditorio do Concello de Vigo
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e do Concello de Vigo a segunda edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvólvese entre os día 21 ao 23 de marzo no Auditorio do Concello.
Este martes a deportista catalá Silvia Vidal, referente da escalada e o alpinismo a nivel mundial, será a encargada de inaugurar o ciclo. Medalla de ouro da Real Orden do Mérito Deportivo en 2022, Piolet D’Or en 2021, Silvia Vidal foi nomeada o pasado mes de febreiro Miembro de Honor de la Sociedad Geográfica Española. Alaska en solitario é o título da presentación da deportista, cuxas expedicións ao Himalaya, Karakorum, Isla de Baffin, Patagonia ou Tailandia son un encontro puro entre o ser humano e a natureza, sen aditivos tecnolóxicos.
Na súa intervención, Silvia Vidal, achegará ás persoas asistentes como foi a experiencia abrindo unha nova vía en solitario en Alaska, cargando 150 quilos, cruzando ríos, sen radio, sen teléfono e sen GPS. O coordinador da vocalía de Medio Ambiente e expresidente de Trevinca, Carlos Garrido, será o encargado de conducir a intervención de Silvia Vidal