Reunión técnica do proxecto Fireoctep
Data de celebración:
29 of June of 2022From 9:00 to 17:00 30 of June of 2022
From 9:00 to 15:30
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNo salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Asisten: Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade e membro do equipo Firepoctep da Universidade de Vigo; Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal e investigador principal na UVigo do proxecto Firepoctep, e Rebeca Díaz, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle unha reunión técnica do proxecto europeo Firepoctep, un traballo co que contribuír, nun escenario de cambio climático global, á prevención dos grandes incendios forestais e á xestión dos espazos susceptibles de sufrilos en diferentes áreas rurais da fronteira hispanolusa. Coordinado pola Junta de Andalucía, participan neste proxecto 21 institucións de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo. Cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder, o proxecto engloba iniciativas como a identificación de “zonas estratéxicas de xestión” en diferentes áreas piloto ao longo da fronteira nas que as actuacións preventivas poidan diminuír os efectos e intensidade dos lumes.