Xornada 'Os contos galegos alternan cos do mundo'
Data de celebración:
21 of October of 2021 at 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Bifega , I Cátedra José Saramago , GAELT and Facultade de Filoloxía e TraduciónLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Rolda de prensa - Presentación and XornadasEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialPresentación do libro 'Catalogue of galician folktales', de Camiño Noia
A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a xornada Os contos galegos alternan cos do mundo, unha mesa redonda que servirá para presentar o libro Catalogue of galician folktales, da profesora Camiño Noia. Este monográfico é unha obra de referencia para o estudo dos contos de tradición oral en Galicia e nas áreas de lingua galega nas Asturias, León, Zamora e Cáceres (Vale do Ellas) e constitúe unha valiosa fonte de información para as e os investigadores de contos tradicionais internacionais.
No evento participan, ademais da propia Camiño Noia, o profesor invitado da Universidade do Algarve, Paulo Correia. Modera a mesa Burghard Baltrusch, coordinador do grupo de investigación BiFeGa: Grupo de investigación en estudos literarios e culturais, tradución e interpretación.
O acto ten lugar no salón de graos B3 da facultade.