Preguntas frecuentes

FAQ sobre os Servizos Informáticos

O Servizo de Atención ao Usuario é o punto de unión entre os usuarios e os Servizos Informáticos. Deste xeito, os usuarios diríxense a un único e-mail ou teléfono evitando perdas de tempo cando precisan resolver calquer tipo de problema informático. Para poñerte en contacto co SAUM, consulta o directorio:

  • Vigo, central
    De 8:30 a 20:30 h no 986 812 668
    saum@uvigo.gal
  • Vigo, ámbito tecnolóxico
    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
    De 9:00 a 15:00h no 812248
    siteleco@uvigo.gal

    Escola de Enxeñería Industrial
    De 9:00 a 15:00 h no 986 811 939
    siatec@uvigo.gal
  • Vigo, ámbito científico
    De 8:30 a 14:30 h no 986 818 663
    saum-ci@uvigo.gal
  • Vigo, ámbito xurídico-social
    De 8:30 a 14:30 h no 986 818 719
    saum-xsh@uvigo.gal
  • Ourense
    Edificio Politécnico
    De 8:30 a 20:30 h no 986 387 045
    saum-ou@uvigo.gal
  • Pontevedra
    Facultade de Comunicación
    De 8:30 a 14:30 h no 986 802 030
    saum-po@uvigo.gal

As contas de correo persoais son creadas automaticamente e poden activarse e consultarse a través do correoweb. Tes máis información na FAQ Como consigo unha conta de correo da Universidade de Vigo?

En caso de que precises unha conta de correo para un congreso, curso, espazo web etc. podes solicitala cubrindo o formulario de solicitude de conta de correo e enviándoo ao SAUM. Ten en conta que, en ningún caso, se crearán contas de correo persoais mediante este formulario.

Unha vez recibida a solicitude, o SAUM tramitará a petición e porase en contacto contigo para comunicarche os datos relacionados coa conta solicitada.

Para conectar un ordenador á rede de datos é necesario un número IP, asignado polos Servizos Informáticos. Para solicitar o IP hai que encher o formulario de conexión á rede de dato, e envialo ao Servizo de Atención ao Usuario.

Ponte en contacto co SAUM do teu ámbito ou campus.

Na Universidade de Vigo temos licenzas de campus para algúns produtos, que son gratis para os usuarios e usuarias, así como licenzas individuais doutros produtos. Ten en conta que os programas que aquí se atopan están suxeitos a distintos tipos de licenzas de uso e que, en calquera caso, cómpre coidar de que o uso a instalación destes sexa acorde ás clausulas particulares de cada un.

O mellor é dispor dun antivirus legal e actualizado. A Universidade de Vigo ten un antivirus de campus que todos o usuariado deberá instalar no seu ordenador de acordo coas seguintes instrucións.

Co antivirus de campus estamos protexidos case por completo de todos os virus. En caso de non ser capaz de eliminar un virus, podes solicitar axuda ao SAUM.

As contas de correo persoais para estudantes, PTXAS e PDI externo créanse automaticamente no proceso de xeración do identificador da UVigo.

Podes consultar todos os pasos detallados para utilizar o teu correo electrónico na sección O correo da UVigo

Existen unha serie de listas de correo que poden ser empregadas como foros de discusión para distintos temas. Estas listas, nalgúns casos, non están limitadas a usuarios da Universidade de Vigo.

Cando se crea un usuario, é subscrito por defecto só á lista de correo inforede@listas.uvigo.es. Existen outras listas de uso xeral ás que o usuario pode subscribirse desde o servidor de listas de correo http://listas.uvigo.es, como as seguintes:

Dado o gran número de mensaxes que se xeran cando se envían correos ás listas, recoméndase non empregar estas listas xenéricas como mecanismo de comunicación. En todo caso, as mensaxes remitidas ás listas principais están limitadas a un tamaño máximo de 50 Kb.

Pódese solicitar a creación dunha lista de correo enviando unha petición a solicitudes.listas@uvigo.es, as condicións son as indicadas neste enlace.

A Universidade de Vigo ofrece un servizo de aloxamento de webs (hosting). Consulta a información do servizo de aloxamento web para máis detalles.

As salas de videoconferencias das que dispoñemos son:

  • Vigo: sala de xuntas dos Servizos Informáticos (biblioteca central), 5 prazas
  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: Facultade Dereito – Empresariais, 8-10 prazas
  • Pontevedra: Facultade de Comunicación, 10-15 prazas

As salas de AccesGrid (videoconferencia masiva) das que dispón a Universidade de Vigo son:

  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: sala de audiovisuais da biblioteca central (2.º andar), 25-30 prazas
  • Pontevedra: sala AG da Facultade de Comunicación (seminario 5, 1.º andar), 10-15 prazas

E podes atopar toda a información ao respecto aquí