Axenda 2030. Axentes de cambio 2024
A Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade organiza o programa de voluntariado «Axenda 2030. Axentes de cambio 2024».
Período de inscrición
Ata o 23 de febreiro de 2024.
Desenvolvemento
Do 26 de febreiro ao 31 de maio de 2024.
Obxectivo xeral
As persoas voluntarias darán a coñecer a Axenda 2030 entre o estudantado da Uvigo a través dunha serie de actividades. A Axenda 2030, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas. Esta busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Estes obxectivos van acompañados, á súa vez, de 169 metas que deben inspirar as políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos Estados, entre elas, as universidades.
Obxectivo específico
Levar a cabo campañas e actividades de sensibilización na UVigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030.
Persoas destinatarios
Estudantes dos tres campus universitarios
Perfil
- Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible.
- Ser creativas e ter habilidades comunicativas.
- Contar con capacidade de traballo en equipo.
- Ter interese en coñecer a Axenda 2030. As persoas aceptadas que non teñan formación acreditada en materia de Axenda 2030 recibirana antes de comezar cos labores de voluntariado.
Funcións
Tarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 ODS entre o estudantado da UVigo.
Actividades que van desenvolver
- Informar o estudantado sobre a Axenda 2030 de forma virtual a través de campañas de sensibilización dirixidas á comunidade educativa. Tamén se realizará unha actividade de sensibilización presencial en cada un dos campus.
- Colaborar na organización e na implementación de campañas e de actividades vinculadas co proxecto, en modalidade virtual ou presencial.
Recoñecemento
1 ECTS por cada 30 horas de colaboración
Máis información e inscrición
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal