Axenda 2030. Axentes de cambio 2024

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 15/02/2024

A Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade organiza o programa de voluntariado «Axenda 2030. Axentes de cambio 2024».

Período de inscrición

Ata o 23 de febreiro de 2024.

Desenvolvemento

Do 26 de febreiro ao 31 de maio de 2024.

Obxectivo xeral

As persoas voluntarias darán a coñecer a Axenda 2030 entre o estudantado da Uvigo a través dunha serie de actividades. A Axenda 2030, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas. Esta busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Estes obxectivos van acompañados, á súa vez, de 169 metas que deben inspirar as políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos Estados, entre elas, as universidades.

Obxectivo específico

Levar a cabo campañas e actividades de sensibilización na UVigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030.

Persoas destinatarios

Estudantes dos tres campus universitarios

Perfil

  • Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible.
  • Ser creativas e ter habilidades comunicativas.
  • Contar con capacidade de traballo en equipo.
  • Ter interese en coñecer a Axenda 2030. As persoas aceptadas que non teñan formación acreditada en materia de Axenda 2030 recibirana antes de comezar cos labores de voluntariado.

Funcións

Tarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 ODS entre o estudantado da UVigo.

Actividades que van desenvolver

  • Informar o estudantado sobre a Axenda 2030 de forma virtual a través de campañas de sensibilización dirixidas á comunidade educativa. Tamén se realizará unha actividade de sensibilización presencial en cada un dos campus.
  • Colaborar na organización e na implementación de campañas e de actividades vinculadas co proxecto, en modalidade virtual ou presencial.

Recoñecemento

1 ECTS por cada 30 horas de colaboración

Máis información e inscrición

 

Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal