Acordo transformativo con American Chemical Society (ACS) para publicar en acceso aberto
A Universidade de Vigo, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial American Chemical Society (ACS).
Con este acordo as universidades disporán de acceso de lectura a todas as revistas científicas no catálogo da editorial estadounidense do ámbito da química (ACS), ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas do Catálogo de ACS, excepto a revista fully OA “ACS Omega”.
O acordo estende a súa vixencia aos artigos aceptados para a publicación desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2024.
Para beneficiarse do desconto do 100 % nos APC:
- O autor ou autora da correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
- Cómpre ter un artigo aceptado para a súa publicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
As persoas beneficiarias comprométense a:
- Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo de normalización da filiación institucional da Universidade de Vigo.
- Incluír nos agradecementos unha mención ao financiamento recibido pola Universidade de Vigo e polo CISUG.
- Depositar a versión publicada do artigo no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir á súa preservación a longo prazo.
Máis información nas guías:
- Publicar en acceso aberto en ACS (American Chemical Society)
- Acordos transformativos para publicar en acceso aberto
A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.
As consultas pódense realizar a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal