Campus CREA

Banner páxina Campus CREA


O Campus CREA de Pontevedra aposta pola especialización a través da arte, da comunicación e da creatividade, da educación, da innovación social e da xestión pública, do deporte, da saúde e benestar e do medio ambiente e da natureza. No campus atoparás as facultades e escolas, a Biblioteca Central, o pavillón universitario, as cafeterías e os comedores e os nosos servizos administrativos (xestións de matrículas, bolsas, voluntariado, préstamo de bicicletas, rexistro…).

 

I Premios TFG e TFM do Campus Crea

Co propósito de impulsar e de fomentar o proxecto de especialización do campus de Pontevedra como Campus Crea, convócase a primeira edición dos Premios TFG e
TFM do Campus CREA. Estes premios pretenden recoñecer e darlle unha maior difusión aos traballos de investigación do alumnado do campus de Pontevedra, que contribúan á promoción do Campus CREA.

  • Convocatoria
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2021

 

Concurso Cartéis  "A imaxe do Campus CREA"

A primeira edición do Concurso de elaboración dun cartel para a mellora da imaxe do Campus CREA, nace coa finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes neste eido, que contribúan á súa promoción.

De entre todas as propostas, premiarase un total de 6 carteis. O galardón consiste na impresión dos carteis gañadores, así como na entrega dun documento acreditativo. Cada un deles estará exposto no Mupi da marquesiña do Campus de Pontevedra durante 2 meses, ao longo do ano académico 2021-2022.


I Premios CREA-Creatividade e Innovación

Os Premios CREA-Creatividade e Innovación teñen como obxectivo recoñecer diferentes facetas da actividade creativa e de innovación desenvolvidas por alumnado da Universidade de Vigo nas que participen estudantes de diferentes ámbitos de coñecemento.

Repartiranse 3000 euros entre as persoas premiadas!


Semana da Creatividade e da Innovación 2021

Coincidindo coa conmemoración, o día 21 de abril, do Día Mundial da Creatividade e a Innovación, o campus de Pontevedra acolle cada ano unha serie de actividades que buscan pór de relevo o que define o Campus Crea e a importancia que a creatividade e innovación teñen para o desenvolvemento da sociedade.

O programa, que se desenvolverá do 19 ao 23 de abril, engloba un ciclo de conferencias, abertas ao público, que poderán seguirse tanto de xeito presencial, coas obrigadas limitacións de capacidade, como a través de Campus Remoto co contrasinal do estudantado: Ky8fRT.

  • «Fisioterapia oncolóxica»
    Marta Gómez Nicolás (Oncowellness, Madrid)
    19 de abril, ás 11.00 h, na aula magna da Facultade de Fisioterapia
  • «Economía ecolóxica, novas ideas para a sustentabilidade»
    Xavier Simón Fernández (Universidade de Vigo)
    23 de abril, ás 13.00 h, no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. 
  • «Pautas para unha alimentación saudable»
    Jorge Ascariz Peiteado (nutricionista, A Coruña)
    22 de abril, ás 13.00 h, no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A semana inclúe tamén a exposición «12 + 1. Os Xogos Olímpicos nos últimos 50 anos a través da interpretación de Carlos David Illescas Vacas», organizada coa colaboración do Centro de Estudos Olímpicos da Universidade de Vigo, e que se poderá  visitar na sala de exposicións da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, na Casa das Campás..  

 

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal