Choosing what to study

Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos organizados en distintos ámbitos de coñecemento. Poderás descubrilos no buscador de estudos de grao, no que atoparás toda a información relevante (número de prazas, saídas profesionais, notas de corte, prezos etc.) e no que poderás realizar as túas buscas por ámbito ou por campus:

 

Coñeces os ámbitos de coñecemento nos que se clasifican as titulacións universitarias? A continuación explicámosche cales son as da oferta da nosa institución e tamén en que consiste cada unha delas.

  • Artes e Humanidades

    Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais. Estudos que poderían clasificarse de maneira xenérica como manifestacións artísticas ou culturais de todo tipo. Agrúpanse aquí titulacións de Belas Artes, Historia, Filoloxías, ou Tradución e Interpretación, entre outras. (10 titulacións)
     
  • Ciencias Sociais e Xurídicas

    Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais. Podemos xeneralizar dicindo que se centran na comunicación, nas relacións humanas, na economía e no dereito. O alumnado adoita ter un perfil con gusto polos temas sociais, económicos e políticos. Facilidade para o trato coa xente e boas dotes para a comunicación. Para as carreiras da área económica é preciso ter unha boa base de matemáticas. (24 titulacións)
     
  • Ciencias

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Os estudos desta rama están asociados ao que denominamos as ciencias puras. Buscan resultados precisos, con conclusións que deben poder ser validadas na realidade física e ordenados coa linguaxe das matemáticas. Titulacións como Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Ambientais ou Tecnoloxía dos Alimentos son as que che ofrece a UVigo nesta rama de coñecemento. (5 titulacións)
     
  • Ciencias da Saúde

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Conxunto de disciplinas que poden poñer os coñecementos adecuados para a prevención das enfermidades, a erradicación de enfermidades e o benestar do conxunto das persoas. Neste ámbito vas poder elexir cursar enfermaría ou fisioterapia. (5 titulacións)
     
  • Enxeñaría e Arquitectura

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Estes estudos aplican coñecementos científicos á invención, ao deseño, ao perfeccionamento e á posta en marcha de novos procedementos na industria e noutros campos de aplicación científicos. Enxeñarías industriais, de minas, da enerxía, forestais, telecomunicación ou agraria conforman un total de 16 titulacións desta familia na UVigo.

 

Máis información

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal

Do you want more information?

Complete the following form and we will contact you to answer your questions and provide you with all of the information you need.

Personal data protection

Responsible: Universidade de Vigo.
Objective: Managing requests for information about Universidade de Vigo degrees.
Legitimization: the processing of personal data is regulated by the Spanish Organic Law 6/2001, of 21 December on Universities.
Licence: Currently there are no licenses given to other parties.
Transfer: There will be no transfer of personal data to third parties.
Rights: Anyone can exercise their right to access, rectification, erasure, restriction of processing, objection and, if applicable, data portability.
How do we collect your data? Data is collected directly from the interested person or from his/her legal representative.
Additional information: Data protection