Sabes o que queres estudar?

O proceso de decisión sobre que estudar non é doado e leva tempo. Se precisas axuda para tomar a túa decisión podes realizar o test de orientación que che propoñemos e que che axudará a coñecer mellor o teu perfil en relación cos graos que podes estudar na Universidade de Vigo.

facer o test
 

Coñeces as ramas de coñecemento nas que se clasifican as titulacións universitarias? A continuación explicámosche cales son as da oferta da nosa institución e tamén en que consiste cada unha delas.  

  • Artes e Humanidades 

    Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais. Estudos que poderían clasificarse de maneira xenérica como manifestacións artísticas ou culturais de todo tipo. Agrúpanse aquí titulacións de Belas Artes, Historia, Filoloxías, ou Tradución e Interpretación, entre outras. (10 titulacións)
     
  • Ciencias Sociais e Xurídicas

    Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais. Podemos xeneralizar dicindo que se centran na comunicación, nas relacións humanas, na economía e no dereito. O alumnado adoita ter un perfil con gusto polos temas sociais, económicos e políticos. Facilidade para o trato coa xente e boas dotes para a comunicación. Para as carreiras da área económica é preciso ter unha boa base de matemáticas. (24 titulacións)
     
  • Ciencias

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Os estudos desta rama están asociados ao que denominamos as ciencias puras. Buscan resultados precisos, con conclusións que deben poder ser validadas na realidade física e ordenados coa linguaxe das matemáticas. Titulacións como Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Ambientais ou Tecnoloxía dos Alimentos son as que che ofrece a UVigo nesta rama de coñecemento. (5 titulacións)
     
  • Ciencias da Saúde

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Conxunto de disciplinas que poden poñer os coñecementos adecuados para a prevención das enfermidades, a erradicación de enfermidades e o benestar do conxunto das persoas.  Neste ámbito vas poder elexir cursar enfermaría ou fisioterapia. (5 titulacións)
     
  • Enxeñaría e Arquitectura

    Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía. Estes estudos aplican coñecementos científicos á invención,  ao deseño, ao perfeccionamento e á posta en marcha de novos procedementos na industria e noutros campos de aplicación científicos. Enxeñarías industriais, de minas, da enerxía, forestais, telecomunicación ou agraria conforman un total de 16 titulacións desta familia na UVigo.
     

Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos acollidos nas ramas de coñecemento que agora xa coñeces. Poderás descubrilas proximamente a través dun buscador no que atoparás toda a información relevante (número de prazas, saídas profesionais, notas de corte, prezos etc.). Polo momento podes ver toda a nosa oferta formativa aquí.
 

Máis información

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es