Como contratar

Tanto se a túa empresa é ou vai ser provedora da universidade ou se queres contratarnos e vas ser cliente, consulta os seguintes procedementos e documentación:

 

O perfil do contratante é o espazo no que se publica a información relativa á contratación administrativa, con anuncios de licitación, adxudicacións provisionais e definitivas e os pregos de contratación.

Está regulado polo artigo 53 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Pasos para darse de alta como empresa ou como persoa provedora da Universidade de Vigo:

  • Cubrir a ficha de perceptores da Universidade de Vigo. Os datos bancarios deberánse completar correctamente incluíndo o código IBAN.
  • As persoas xurídicas conformarán os datos bancarios mediante o selo ou o certificado do seu banco.
  • A alta realizarase a través da Sede electrónica da Universidade de Vigo. Só en casos excepcionais o orixinal da ficha enviarase por correo ao Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría e a través dos enderezos electrónicos neingres@uvigo.gal ou pbcont3@uvigo.gal.

  1. Como fago para modificar a miña conta bancaria?
    • No caso das persoas físicas.
      Se es persoal da universidade e queres cambiar a conta de pago da nómina debes comunicarllo ao Servizo de Nóminas e Seguros Sociais. Se só queres cambiar a conta de pagos "non nóminas", podes facer a solicitude a través do enderezo electrónico ou dunha carta. Se non es persoal da universidade, debes cubrir a ficha de perceptores cos cambios correspondentes.
    • No caso de persoas xurídicas.
      Deben cubrir novamente a ficha de perceptores cos cambios correspondentes conformados polo banco.
  2. Quen me pode informar sobre a situación dunha factura:
    • A información sobre a situación de facturas e calquera outro documento que dea lugar ao recoñecemento dunha obriga por parte da universidade é visible para todo o persoal da área económica da universidade, polo tanto calquera poder darlle información á persoa interesada.
 

Podes contratarnos para que levemos a cabo xuntos proxectos de I+D+i. Temos diferentes modelos de colaboración, que se poden agrupar en dous grupos:

  • I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
     
  • I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.

Se queres saber máis, accede aquí á información que ofrece ao respecto a Oficina de I+D.

Podes consultar os modelos de contrato aquí:

Para formar parte da listaxe de empresas da Universidade de Vigo para a contratación menor, cómpre:

  • Cubrir a solicitude de inscrición.
  • Dependendo do tipo de actividade, deberase presentar o certificado de solvencia técnica e profesional, a póliza de responsabilidade civil e o xustificante do seu pagamento.
  • Declaración responsable.
  • Información da empresa sobre os traballos que se realizarán na Universidade de Vigo (REF. DRPRL-08-03).
  • A documentación achegaráselle á Unidade de Servizos Xerais a través do enderezo electrónico servizosxerais@uvigo.es.
     


Instrucións xerenciais de xestión económica

Se queres contratarnos e ser o noso cliente, podes consultar aquí toda a información sobre os contratos de I+D.

Documentación asociada aos procedementos

Ficha de perceptores - Galego e español2.77 MB Ficha de perceptores - English [PDF]67.59 KB Procedemento de factura electrónica [PDF]1.76 MB

Documentación para a contratación menor

Solicitude de inscrición na listaxe de empresas [DOC]23.24 KB Anexo II Declaración responsable de pertenza a un grupo empresarial e prohibición para contratar179.96 KB Modelo DRPRL-08-03 [DOC]384 KB Tipoloxía de actividades e códigos [PDF]22.6 KB