Prezos públicos
Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas
Se non pagas a matrícula nos prazos correspondentes terás que pagar un 10 % máis de incremento por gastos de xestión e non poderás pedir un certificado, nin o título, nin matricularte de novo...
Calcula a túa matrícula:
Matrícula en titulacións de grao
Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación:
Ademais do prezo anterior hai que aboar:
- A apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
- A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
- A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79 €
- O seguro escolar (menores de 28, agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12 €
Matrícula en titulacións de mestrado
Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación:
Prezos por crédito de mestrado habilitante
Prezos por crédito de mestrado non habilitante
Ademais do prezo anterior hai que aboar:
- A apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
- A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
- A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79 €
- O seguro escolar (menores de 28 anos agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12 €
- Reserva de praza: 400 € (alumnado que sexa admitido nun máster no prazo de preinscrición específico para alumnado con titulación de acceso de países de fóra do EEES. Este prezo non será aplicable ao alumnado que reserva praza no prazo específico do máster en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas nin ao estudantado solicitante das bolsas Excelencia Mocidade Exterior, convocadas pola Secretaría Xeral de Emigración.
Matrícula en programas de doutoramento
Ademais do prezo anterior hai que aboar:
- A apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
- A documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
- A expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79 €
- O seguro escolar (menores de 28 anos agás alumnado estranxeiro extracomunitario non residente): 1,12 €
Matrícula en centros adscritos
O alumnado de centros adscritos, ademais do resto de prezos, abóalle á universidade o 25 % dos prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación e ao centro adscrito a contía que o centro estableza:
- Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75 % restante dos prezos por servizos académicos.
- Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75 % restante dos prezos por servizos académicos.
- Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín
- Escola Universitaria de Profesorado de EXB de Vigo: podes consultala no centro.
- Escola Universitaria de Enfermería Meixoeiro de Vigo: o importe do centro adscrito é o equivalente ao 75 % restante dos prezos por sevizos académicos.
- Escola Universitaria de Enfermería Povisa de Vigo: podes consultala no centro.
- Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE): podes consultala no centro.
Matrícula do alumnado estranxeiro en grao ou en mestrado
O alumnado estranxeiro, de grao e de mestrado, maior de 18 anos que non teña a condición de residente de longa duración (excluídas as persoas con nacionalidade de calquera dos estados membros da UE ou dos países aos que se lles aplica o réxime comunitario) aboará os prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación, incrementados nun 25 %.
Salvo oposición das persoas interesadas consultarase electronicamente a residencia legal das persoas que precisen acreditala e, de non existir constancia, expedirase unha nova folla de liquidación co importe incrementado nun 25 %.
Para estes efectos, a autorización para estudos concedida ao alumnado estranxeiro non equivale á condición de residente.
O alumnado con nacionalidade de países da Unión Europea e de países aos que se lles aplica o réxime comunitario non precisa acreditar a condición de residente.
Alumnado estranxeiro ao que se lle aplica o seguro escolar:
Alumnado estranxeiro menor de 28 anos con dereito a seguro escolar:
- Nacionais de países da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega) e de Suíza.
- Persoas refuxiados e apátridas que residan no territorio dos países anteriores.
- Todos o estudantado estranxeiro residente en España nas mesmas condicións ca os españois.
Recoñecemento de créditos
O prezo por recoñecemento de créditos é:
- Gratuíto para os créditos dunha mesma titulación ou equivalente sempre que se obteñan as mesmas competencias, habilidades e coñecementos, se procede de centros públicos. Tamén é gratuíto o recoñecemento de créditos cursados nun grao aberto e nun PCEO que teñan efectos en ambas as titulacións.
- No resto dos casos, o 25 % dos prezos por servizos académicos da titulación na que se recoñezan, descontadas as exencións e as bonificacións ás que teñas dereito (consulta na pestana de descontos).
Avaliación e probas
|
Probas de acceso á universidade |
63,67 € |
|
Equivalencia ao nivel académico de doutor ou doutora |
118,00 € |
|
Exame para a obtención do título de doutor ou doutora |
117,09 € |
|
Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior |
|
|
Proba de aptitude/proba de conxunto |
116,53 € |
|
Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) |
13,93 €/crédito |
|
Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) |
9,85 €/crédito |
|
Proxecto ou traballo |
116,53 € |
|
Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A) |
13,93 €/crédito |
|
Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B) |
9,85 €/crédito |
Títulos e secretaría
Títulos |
|
|
Doutor ou doutora |
183,10 € |
|
Persoa licenciada, arquitecta ou enxeñeira, graduada ou cun mestrado oficial |
123,10 € |
|
Persoa diplomada, arquitecta ou enxeñeira técnica |
60,10 € |
|
Diploma de estudos avanzados |
59,16 € |
|
Duplicados de títulos universitarios oficiais e do SET |
28,09 € |
Secretaría |
|
|
Apertura de expediente académico ao comezar os estudos |
22,31 € |
|
Certificacións académicas e traslados de expediente académico a outra universidade |
22,31 € |
|
Expedición e mantemento de tarxetas universitarias de identidade |
4,79 € |
|
Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros |
27,09 € |
| Solicitude de transferencia de créditos | 30,00 € |
Matrícula de alumnado visitante estranxeiro
O alumnado visitante estranxeiro que desexe ampliar a súa formación na Universidade de Vigo a través dunha estadía temporal debe aboar:
- Os prezos por servizos académicos correspondentes aos créditos dos que se matricule (consultar táboa de prezos de grao e de mestrado nesta mesma páxina).
- Os prezos por servizos administrativos:
- apertura de expediente: 22,31 €
- documentación e o soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
- expedición e o mantemento da tarxeta universitaria de identidade: 4,79 €
- Os prezos por xestión administrativa: 400€ nas estadías cuadrimestrais e 800 € nas estadías anuais.
A anulación de matrícula a petición do alumnado implica a perda das cantidades aboadas ata o momento da anulación.
Formas de pago
Efectivo:
Ao realizar o trámite de Automatrícula a aplicación informática emite unha folla de liquidación coa que podes aboar o importe íntegro da matrícula no prazo de 30 días naturais en calquera oficina de Abanca, Caixabank ou Banco Santander. Para acceder ao documento de pago pode facelo a través do portal académico > documentación de matrícula e imprimir de novo o abonaré.
Tarxeta:
Seleccionando esta opción na aplicación informática de Automatrícula aboarase o importe íntegro no prazo indicado no resgardo de matrícula a través da secretaría virtual no apartado “Pagos pendientes Tarjeta débido/crédito”.
Domiciliación bancaria:
Para domiciliar os pagos é imprescindible contar coa autorización SEPA da persoa titular da conta. Se non temos a autorización cambiaremos a forma de pago a prazo único en efectivo.
No momento da Automatrícula tes que indicar o número de conta, NIF, nome e apelidos da persoa titular. Ao finalizar o trámite o programa informático xera de forma automática un impreso denominado SEPA que tes que entregar ou enviar a área académica do centro no que estudas antes do 20 de setembro ou no prazo de 10 días naturais dende a matrícula, coa sinatura manuscrita ou electrónica da persoa titular da conta (tanto se es ti o titular como se é outra persoa).
Non se poden domiciliar pagamentos despois do 23 de febreiro de 2026.
É responsabilidade do alumnado manter actualizados os datos bancarios, verificar que a conta onde domicilia o pago se atope operativa, que está autorizado o cargo da domiciliación, e que a entidade bancaria teña feito efectivo o pago da matrícula.
Podes elixir entre aboar:
- O importe íntegro:
|
Prazo de matrícula |
Data de cargo |
|
9 de xullo a 28 de setembro |
6 de outubro |
|
29 de setembro a 28 de outubro |
6 de novembro |
|
29 de outubro a 28 de novembro |
6 de decembro |
|
29 de novembro a 28 de decembro |
6 de xaneiro |
|
29 de decembro a 28 de xaneiro |
6 de febreiro |
|
29 de xaneiro a 28 de febreiro |
6 de marzo |
- O importe fraccionado (agás importes inferiores a 100 €, titoría de doutoramento, recoñecementos e importes xerados despois do 28 de xaneiro do 2026):
|
Prazo de matrícula |
Data de cargo |
|||||
|
|
6 de outubro |
6 de novembro |
6 de decembro |
6 de xaneiro |
6 de febreiro |
6 de marzo |
|
9 de xullo a 28 de setembro |
25 % |
15 % |
15 % |
15 % |
15 % |
15 % |
|
29 de setembro a 28 de outubro |
--- |
40 % |
15 % |
15 % |
15 % |
15 % |
|
29 de outubro a 28 de novembro |
--- |
--- |
55 % |
15 % |
15 % |
15 % |
|
29 de novembro a 28 de decembro |
--- |
--- |
--- |
70 % |
15 % |
15 % |
|
29 de decembro a 28 de xaneiro |
--- |
--- |
--- |
--- |
85 % |
15 % |
Os prezos por servizos administrativos abóanse co primeiro pago. As % refírense aos prezos por servizos académicos.
Modificación da forma de pago:
Pódese modificar a forma de pagamento contactando coa área académica do teu centro:
- Cambio de pagamento domiciliado fraccionado a entidade financeira/tarxeta/domiciliado único antes do 28 de setembro de 2025.
- Cambio de pagamento único a fraccionado antes do 28 de xaneiro de 2026.
- Cambio de entidade financeira/tarxeta a pagamento domiciliado único: antes do 28 de febreiro de 2026.
- Cambio de pagamento domiciliado único a entidade financeira/tarxeta: antes do 28 de febreiro de 2026.
Facilidades de pago
- A UVigo permíteche o fraccionamento da matrícula en 6 prazos sen cargo para facilitarche o pago. Consulta as condicións en Formas de pago.
- Ademais temos un programa de bolsas propias da UVigo destinado ás persoas con dificultades económicas para pagar a matrícula. Se tes intención de solicitar as bolsas debes marcar cando te matricules no apartado de Exencións "Bolsa propia Universidade de Vigo" e, deste xeito, aprázase o pago dos prezos por servizos académicos.Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago. Consulta as condicións das convocatorias de axuda de matrícula no Portal de bolsas.
- Ademais se tes concedida a bolsa de carácter xeral do MEFP non tes que pagar os créditos nos que te matricules por primeira vez. Se tes intención de solicitala debes marcar cando te matricules no apartado de Exencións "Bolsa Ministerio de Educación", e deste xeito aprázase o pago dos prezos por servizos académicos.Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago.
Consecuencias do impago
Cando os prezos non son aboados no prazo indicado aplícase un incremento do 10 % da débeda. Ademais suspendese temporalmente a matrícula e limítanse de xeito cautelar os seguintes servizos:
- Acceso á secretaría virtual,
- Expedición de certificacións nin títulos.
- Tramitación de solicitudes de matrícula fóra de prazo.
- Anulación, modificación de matrícula e traslados de expediente.
- Formalización de matrícula en cursos posteriores ou calquera outro trámite relacionado co seu expediente.
O arquivo cautelar non afecta o réxime de permanencia nin impide a asistencia a clases teóricas e prácticas, así como aos exames.
Para activar de novo o expediente debes acudir á Secretaría do teu centro para que che expidan unha nova Folla de liquidación e efectuar o pagamento
Se antes do 31 de maio non pagas a débeda, suspéndese definitivamente a matrícula mediante resolución reitoral coas limitacións sinaladas. A suspensión definitiva non liquida a débeda, nin supón a anulación da matrícula, nin dá dereito á devolución das cantidades aboadas. A suspensión queda sen efecto unha vez aboada a débeda.
En morosidade, recomendamos efectuar o pago por TPV para que se concilie no momento e poidas acceder á túa secretaria virtual.
No momento de realizar o trámite de matrícula debes marcar no apartado "Exencións e descontos" aquelas ás que teñas dereito (podes marcar máis de unha).
A condición que da dereito a exención deberá estar vixente no prazo de matrícula, agás no caso de que estivera en tramitáción quedando condicionada a que xustifique tal circunstancia e a entrega unha vez resolta, da acreditación da condición antes do 31 de maio. No caso de estar vixente o título presentado en cursos anteriores non se esixe un novo documento.
Se no momento da matrícula non marcas a exención, podes solicitalo ata o 30 de decembro contactando coa área académica do teu centro.
Familia numerosa
Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial tes dereito ao desconto da metade ou do total do importe dos prezos públicos.
Consultaremos de xeito electrónico a condición de familia numerosa. No caso de que non sexa posible a área académica do teu centro solicitara por correo electrónico o documento acreditativo.
Discapacidade
Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 % tes dereito a un desconto do total do importe de prezos públicos.
Consultaremos de xeito electrónico a condición de discapacidade. No caso de que non sexa posible a área académica do teu centro solicitara por correo electrónico o documento acreditativo, que deberá ser expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.
Vítima de acto terrorista, cónxuxes e fillos/as
Se tes recoñecida a condición de vítima de terrorismo, así como o teu cónxuxe e fillos/as, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos e administrativos.
Documentación que cómpre presentar:
- Informe do Ministerio do Interior.
- Recoñecemento por parte da AGE da pensión extraordinaria por acto terrorista.
- Sentenza xudicial.
Vítima de violencia de xénero e fillos/as
Se tes recoñecida a condición de vítima de violencia de xénero, así como os teus fillos/fillas e os menores de idade suxeitos a tutela e a garda e custodia, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos (pagas os prezos de títulos e de secretaría). Os menores de idade suxeitos a tutela, garda e custodia continuarán gozando da exención prevista anteriormente unha vez acadada a maioría de idade. Unha vez declarada a exención, manterase durante o período ordinario de realización deses estudos.
Documentación que cómpre presentar:
- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
- Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei.
- Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da administración pública autonómica ou local.
- Certificación dos servizos de acollida da administración pública autonómica ou local.
- Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
- Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
Bonificación da Xunta 99 %
REQUISITOS
- Alumnado de novo ingreso:
- ABAU da CIUG 2025 parte xeral, maiores de 25 e 45 anos CIUG 2025
- Ciclo superior 2025 (en calquera comunidade autónoma)
- Bacherelato internacional 2025 en Galicia
- Alumnado de continuación:
- Cursado 2024/2025 na SUG
- Matricula 2025/2026 de 60 créditos en primeira matrícula. Poderá obterse a bonificación con menos de 60 créditos en primeira matrícula se:
- Matricula das últimas materias para finalizar os estudos
- Matrícula no número máximo de créditos que lle permite a normativa de permanencia
- Estudantado de intercambio no curso 2025/2026
- Estudantado de matrícula parcial
- Ten recoñecementos no curso 2025/2026 e está matriculado/a de todos os créditos que ten implantado o plan (no caso de adaptación ao novo plan)
-
- Superados no 2024/2025 como mínimo as seguintes porcentaxes de créditos matrículados (os créditos recoñecidos contan como superados):
- Artes e humanidades: 90 %
- Ciencias sociais e xurídicas: 90 %
- Ciencias da saúde: 80%
- Ciencias: 65%
- Enxeñaría e arquitectura: 65%
- PCEO: o requisito anterior sobre a rama menos exixente
- Matrícula parcial: tes que superar a totalidade dos créditos dos que estás matriculado no 2024/2025
- Non será de aplicación a bonificación ás persoas que xa conten cun título universitario
- Superados no 2024/2025 como mínimo as seguintes porcentaxes de créditos matrículados (os créditos recoñecidos contan como superados):
IMPORTE
Unha vez aplicadas todas as exencións, bonificacións e bolsas:
- Alumnado de novo ingreso en grao:
- o 99 % do importe dos créditos matriculados de primeiro curso
- o 99 % do importe dos créditos recoñecidos de ciclo superior
- Alumnado de continuación:
- o 99 % do importe dos créditos superados na primeira matrícula no curso 2024/2025 que se aplicará sobre o importe dos créditos de primeira matrícula no curso 2025/2026 (sen ter en conta os recoñecidos).
DENOMINACIÓN: “Bonificación 99 % Xunta de Galicia”
BOLSA MEFP
- Se non tiveches bolsa no curso 2024/2025 e non presentaches solicitude para o curso 2025/2026: debes asinar no momento da matrícula a declaración responsable de que non cumpres requisitos económicos da convocatoria xeral.
- Consulta aquí os requisitos económicos da convocatoria bolsa xeral do MEFP
- Modelo de declaración responsable que debes presentar na área académica do teu centro se non a asinaches no momento da automatrícula.
- se presentaches solicitude de bolsa para o curso 2025/2026: primeiro aplicaráseche o desconto correspondente á solicitude de bolsa.
PROCEDEMENTO
-
- Alumnado de preinscrición: a CIUG proporciona o ficheiro do estudantado que ten dereito á bonificación e se lle aplica de xeito automático no momento da matrícula. Se despois realizas recoñecementos de ciclo superior tamén se che aplica.
- Alumnado de continuación procedente de USC e UDC: despois da matrícula debes presentar un certificado académico do curso 2024/2025 na área académica do teu centro.
- Alumnado de continuación da UVigo: no momento da matrícula compróbase que cumpres os requisitos e se che aplica a bonificación de xeito automático.
Matrícula de honra, premio extraordinario e medalla nas olimpiadas científicas
Se obtiveches unha matrícula de honra global en segundo de bacharelato ou no último curso de ciclo superior, un premio extraordinario de bacharelato ou de ciclo superior, ou unha medalla nas olimpiadas científicas nacionais e internacionais, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos por unha soa vez, no primeiro curso.
No prazo de 10 días naturais desde a matrícula ou modificación, e en todo caso antes do 30 de setembro tes que presentar a documentación que acredita o dereito á exención
Documentación que cómpre presentar: copia da certificación académica ou acreditativa do premio ou da medalla.
Matrícula de honra en materias de grao ou de mestrado
Se obtiveches unha matrícula de honra nalgunha materia de grao ou de mestrado, no curso académico inmediatamente seguinte non pagas os prezos públicos para a primeira matrícula no mesmo número de créditos nos que obtiveches a matrícula de honra, sempre que pertenzan aos mesmos estudos ou a estudos da mesma rama de coñecemento.
Se a matrícula de honra foi obtida nunha universidade distinta á de Vigo, no prazo de 10 días naturais desde a matrícula ou modificación e en todo caso antes do 30 de setembro, tes que presentar a documentación que acredita o dereito á exención.
Solicitante de bolsa
Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou tes intención de solicitar unha bolsa que inclúa o importe da matrícula debes indicalo no apartado de exencións, e deste xeito aprázase o pagamento dos prezos por servizos académicos ata o momento da resolución da bolsa. Consulta as convocatorias no Portal de bolsas.
- Bolsa xeral MEFP / Goberno Vasco: A concesión da bolsa supón a gratuidade dos prezos por servizos académicos das materias das que te matriculas por primeira vez.
- Bolsas propias da Universidade de Vigo: a Universidade de Vigo convoca cada ano varias bolsas que dan dereito á gratuidade dos prezos de matrícula. Consulta nesta páxina o apartado Facilidades de pago.
- Bolsas doutros organismos: Xunta de Galicia - mocidade exterior.
Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula e que en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago.
Se a solicitude é denegada, a Universidade xera automáticamente unha nova Folla de liquidación co importe da matrícula. É responsabilidade do alumnado prestar atención ás datas de resolución das convocatorias e aboar os importes correspondentes nos prazos establecidos.
Axuda de matrícula da UVigo ao persoal da Universidade de Vigo
O persoal da Universidade de Vigo e as súas fillas/os e os seus cónxuxes que se matriculen na Universidade de Vigo poden solicitar axudas do Fondo de acción social para a gratuidade dos prezos por servizos académicos. Consulta as condicións na convocatoria que será publicada no último trimestre do ano.
O persoal que non cumpra os requisitos para obter a «Bonificación da Xunta de Galicia 99 %», no momento da automatrícula deberá marcar o desconto «Persoal da UVigo» dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos ata a resolución da convocatoria. Deberá, así mesmo, presentar a solicitude no prazo e na forma que a convocatoria estableza.
O persoal que cumpra os requisitos para obter a «Bonificación da Xunta de Galicia 99 %», no momento da automatrícula deberá marcar o desconto «Bonificación» e NON deberá marcar o desconto de «Persoal»; no prazo establecido deberá pagar o importe resultante. Para recuperar este importe deberá presentar a solicitude no prazo e na forma que estableza a convocatoria de axudas.
Tes dereito á devolución do importe total aboado no caso de:
- Pola concesión da anulación total de oficio nos casos establecidos nas convocatorias de matrícula de grao e de posgrao.
Tes dereito á devolución de parte do importe aboado no caso de:
- Anulación da matrícula presentada dentro do prazo establecido ao inicio do 1.º cuadrimestre: devólvese o importe da tarxeta universitaria e o importe dos créditos matriculados, así como a titoría anual de doutoramento.
- Anulación da matrícula de mestrado presentada dentro do prazo establecido ao inicio do 2.º cuadrimestre devólvese o importe dos créditos do 2.º cuadrimestre.
- Anulación da matrícula presentada fóra de prazo pero dentro do 1.º cuadrimestre: só se devolve o importe dos créditos do 2.º cuadrimestre.
- Anulación de oficio, devólvese o importe da tarxeta universitaria e o importe dos créditos do 1.º e do 2.º cuatrimestre.
- Modificación parcial da matrícula da que resulte un importe inferior ao aboado.
- Recoñecemento de créditos do que resulte un importe inferior ao aboado.
- Ter dereito á exención ou á bonificación e ter aboada a matrícula.
- Ter unha bolsa concedida con matrícula gratuíta e ter aboada a matrícula.
- De obter un premio extraordinario de fin de carreira, de grao ou de doutoramento dos outorgados polo Consello de Goberno da UVigo, tes dereito á devolución do prezo aboado pola expedición do título.
- Detectarse un erro na liquidación de prezos.
- O importe de reserva de máster, no caso de que se realice a matrícula.
O procedemento de devolución iníciase automaticamente en canto fas as modificacións na Automatrícula. No caso dos premios extraordinarios a devolución realízase de oficio pola Sección de Xestión de Prezos Públicos.
Se tes dereito a exención e pagaches a matrícula podes solicitar a devolución ata o 31 de maio.
Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no +34 986 130 116 ou no correo prezospublicos@uvigo.gal




