Como colaborar coa universidade?
Existen diferentes vías de cooperación e colaboración coa universidade. Se queres por exemplo ofertar prácticas, que comecemos xuntos un proxecto de I+D ou calquera outra forma de colaboración, poderás atopar a continuación toda a información que precisas: os tipos e modelos de contratos e convenios, a normativa aplicable e todos os trámites asociados.
Listaxe de convenios e de encomendas de xestión
Segundo a resolución reitoral, do 26 de outubro de 2016, pola que se adaptan os convenios subscritos pola Universidade de Vigo como consecuencia da entrada en vigor da Lei 40/2015, o día 2 de outubro de 2020 quedan sen vixencia todos os convenios asinados antes do 2 de outubro de 2016.
Convenios específicos
Modelos de convenios
- Convenio marco (GL | ES | EN)
- Convenio específico de colaboración para o intercambio de estudantes (GL | ES | EN)
- Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas no ámbito nacional
- Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas no estranxeiro
- Convenio de cooperación educativa para realizar prácticas académicas externas do estudantado de todos os mestrados interuniversitarios do SUG
- Convenio específico de colaboración para realizar traballos de fin de estudo (grao ou mestrado) (GL | ES | EN)
- Convenio de cotutela de teses de doutoramento
- Convenio interinstitucional para o recoñecemento mutuo de créditos para obter unha dobre titulación internacional (GL-EN / ES-EN)
- Convenio de colaboración para o recoñecemento de créditos ECTS
- Convenio de colaboración para a promoción de actividades culturais ou deportivas
- Convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de voluntariado
- Convenio para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo
Modelos de acordos
- Modelo de acordo que se deberá incorporar coma anexo naqueles convenios con terceiros países que impliquen transferencia de datos (ES | EN)
Os modelos de convenios tamén poden solicitarse no enderezo electrónico secxeralconvenios@uvigo.gal ou no número de teléfono 986 813 617.
Normativa aplicable
- Normativa reguladora do procedemento de tramitación e aprobación de convenios
- Instrución da Secretaría Xeral sobre a tramitación de convenios
- Resolución reitoral do 26 de setembro de 2016 pola que se adaptan os convenios subscritos pola Universidade de Vigo como consecuencia da entrada en vigor da Lei 40/2015
- Informe da Asesoría Xurídica sobre a vixencia dos convenios asinados antes da entrada en vigor da Lei 40/2015 que non tiveran establecida duración
- Instrución conxunta 5/2019, do 1 de marzo, da Xerencia e da Secretaría Xeral para o desenvolvemento de medidas de tratamento de datos de carácter persoal na Universidade de Vigo