250 Bolsas JAE Intro ICU

UVigo - Emprego 19/07/2023

A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 250 bolsas de introdución á investigación "JAE Intro ICU dirixida ao estudantado universitario con alto nivel de rendimento académico.

O plan de formación desenvolverase nos institutos de investigación, centros nacionais ou unidades técnicas do CSIC dentro de tres áreas globais (Vida, Sociedade e Materia), baixo a dirección o persoal investigador responsable do plan de formación.

Requisitos 

  • Estudantado universitario que estea cursando estudos de grao e que teña completado, polo menos, o 50 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao ou ben, matriculado nun mestrado universitario oficial dos indicados no curso académico 2022/2023 ou 2023/2024.
  • Acreditar a nota media indicada na ficha descritiva da bolsa.
  • Non posuír nin estar en disposición legal de obter o título académico de doutoramento.

Información e solicitudes 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2023.

As solicitudes cubriranse unicamente utilizando a aplicación telemática dispoñible nos servidores de información do CSIC (https://sede.csic.gob.es/icu2023).

Máis información aquí.