Dúas persoas charlan sentadas no interior dun edificio

Asesorámoste

A Universidade de Vigo ten ferramentas para axudarche en cada unha das etapas de estudante a futuros alumnos e alumnas, e a actuais estudantes. Preme nestes botóns no caso de que queiras acceder á universidade ou se xa es membro da nosa comunidade.

 


O SIE

O SIE é a sección de información ao estudante e o noso obxectivo é ofrecerlles a todo o alumnado así como a futuros universitarios unha información clara e completa sobre todo o concernente á vida universitaria.


MEET-UVigo

MEET-UVigo é un modelo titorial baseado na mentoría que consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais. 

Saber máis


Valedoría Universitaria

É un órgano creado para velar polos dereitos de toda a comunidade universitaria: estudantes, persoal docente e investigador, e persoal de administración e servizos.

Saber máis


E moito máis!

Ademais, sempre estamos traballando nas nosas canles de comunicación en pezas audiovisuais que poidan ser útiles na túa vida. Por exemplo, esta campaña con vídeos nos que se presentan todos os graos que temos na Universidade de Vigo.

Ver os vídeos dos graos