Redes sociais


Nesta páxina atoparás as redes sociais da Universidade de Vigo, creadas para difundir a actividade diaria da institución e interactuar coa comunidade universitaria e coa sociedade en xeral.

Tamén che ofrecemos unhas pautas básicas que teñen como propósito definir as liñas de comunicación nas redes sociais da Universidade de Vigo. A guía establece normas e recomendacións co obxectivo de dotar de coherencia a presenza da institución nas redes sociais e, ao mesmo tempo, facilitar o labor das persoas que crean estes contidos. 
 

Guía de publicación nas RRSS
 

Facebook, Twitter e Instagram son as redes que permiten comunicar da forma máis inmediata e cercana a actualidade da universidade.

Linkedin é a comunidade social de maior crecemento orientada a empresas, a negocios e ao emprego. A UVigo está presente como empresa; consolídase como referente e atrae novos clientes e provedores, de xeito que facilita a afiliación a esta. Unha ferramenta de networking imprescindible no marco actual do mercado na que contamos con miles de seguidores.

A través de Academia.edu conectamos con científicos de todo o mundo nunha plataforma con millóns de usuarios e de publicacións. Un lugar de encontro onde compartir os traballos de investigación e facilitar o seguimento de artigos relevantes nos campos de estudo.

Grazas a iTunesU podes visualizar ou descargar conferencias, clases, debates, entrevistas e eventos da nosa universidade e reproducilos cando e onde queiras. A universidade acompáñate alí onde esteas.

 

Icono de Twitter


 Twitter

 

Icono de Instagram


 Instagram

 

 

De seguido están recollidas as redes sociais que forman parte do universo relacionado coa Universidade de Vigo.
 

Ver todas as redes

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal