Barco de papel no mar

Plurilingüismo

Fomento do plurilingüismo e da proxección internacional

O Plan de Internacionalización Lingüística responde á decisión de seguir unha estratexia do fomento do plurilingüísimo, asociada á meta estratéxica de conseguir unha universidade máis internacional.

Por este motivo, un dos principais obxectivos da Universidade de Vigo é a aposta por potenciar as colaboracións cos países de lingua portuguesa grazas ás relacións históricas entre Galicia e Portugal e aos territorios intercontinentais de lingua oficial portuguesa. Neste senso, potenciase a participación en feiras internacionais nestes países e a sinatura de acordos de colaboración con países de tradición migratoria coa nosa comunidade para así lograr a captación do alumnado internacional. 

Estrutura

O obxectivo xeral do Plan de internacionalización lingüística é o de promover a competencia en linguas estranxeiras da comunidade universitaria como un elemento fundamental da política europea de educación superior. Para iso, o plan estrutúrase de xeito que:

  • Teña en conta a situación actual da nosa institución no tocante á competencia en linguas estranxeiras e ás necesidades dos membros da comunidade universitaria.
  • Promova de xeito proactivo o plurilingualismo e o multilingualismo institucional.
  • Garanta o acceso á aprendizaxe de linguas estranxeiras, en colaboración co Centro de Linguas.
  • Anime as e os falantes nativos doutras linguas, agás o galego e o castelán, ao uso da súa lingua nai, sen prexuízo do coñecemento das linguas oficiais da comunidade autónoma de Galicia e da Universidade de Vigo.
  • Impulse a diversidade lingüística e cultural e a toma de consciencia sobre elas por parte de todos os membros da comunidade universitaria.
  • Facilite a mobilidade do estudantado, o persoal docente e investigador, e o persoal de administración e servizos.
  • Fomente a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao longo de toda a vida.


Obxectivos

Segundo se establece na Declaración de Nancy, feita pública polo Consello de Europa no ano 2006, as universidades deben desenvolver as políticas axeitadas para permitir que todas as persoas tituladas universitarias europeas:

  • Sexan capaces de comunicarse en polo menos dous idiomas, ademais da súa ou das súas linguas propias.
  • Saiban como mellorar os seus coñecementos lingüísticos.
  • Teñan confianza e estean instruídos en como aprender unha nova lingua cando xurda a necesidade ou a ocasión.
  • Adquiran experiencia de primeira man traballando e aprendendo noutros países, e colaborando con eles.
  • Poidan familiarizarse con outras culturas e adquirir destrezas interculturais.
     

Consulta o plan

 

Para a consecución dos resultados desexados e a correcta implantación do Plan de Internacionalización Lingüística, disponse das seguintes ferramentas:

O Centro de Linguas naceu en 2004 para promover e desenvolver actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e a súa contorna. Tras máis de 15 anos de experiencia, somos un referente en ensino de linguas e acreditación de niveis, traballando en colaboración coas entidades de acreditación máis recoñecidas: ACLES, Cambridge Assessment English, Instituto Cervantes, ETS TOEFL etc.

A actividade principal do Centro de Linguas é a formación específica da comunidade universitaria para contribuír á calidade na docencia e investigación e á internacionalización da Universidade de Vigo.

Convidámoste a coñecer mellor o Centro de Linguas e a súa oferta de formación:

WEB CdL

Por outra parte, a Área de Linguas, a través do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo, ten como misión principal executar a política de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo, mediante o fomento das accións necesarias para mellorar a competencia en idiomas estranxeiros dos membros da comunidade universitaria, así como para desenvolver competencias nos idiomas propios da Universidade entre as nosas e nosos visitantes internacionais.

 A universidade tamén conta cun programa de materias English Friendly, que se imparten nos graos oficiais da UVigo en castelán e/ou galego, pero nas que os seus profesores adquiren os seguintes compromisos:

  • Indicar o carácter English Friendly na guía docente da materia
  • Traducir a guía docente ao inglés
  • Facilitar materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Atender as titorías en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Deseñar e realizar probas e avaliacións en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional

Materias English Friendly

 EMI (English Medium Instruction) está a ser empregado por un crecente número de universidades en todo o mundo, entre as que se atopa a Universidade de Vigo. Para axudar ao reto que supón impartir docencia en inglés, poñemos a disposición da comunidade universitaria EMILAB, un repositorio en liña con recursos para o profesorado que imparte docencia en inglés, que se actualizará permanentemente. Tamén será de utilidade para a redacción de artigos científicos en inglés e a interacción eficaz en contornas académicas e científicas.

Web EMILAB

HELA (Higher Education Lecturing Accreditation) é unha proba deseñada na Universidade de Vigo que avalía se os profesores e as profesoras posúen as competencias lingüísticas necesarias para enfrontarse á docencia nunha lingua estranxeira con éxito. Valora o dominio da lingua, a fluidez, as habilidades comunicativas, a presentación oral e a capacidade de interacción co estudantado.

 

Outra información de interese

 

Máis información:

Vicerreitorado de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin