Instalacións e abonos

Dispoñemos dun importante abano de espazos deportivos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo para a práctica deportiva das persoas da comunidade universitaria ou alleas a ela.

ABONOS

A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón de dous abonos diferentes que permiten facer un uso regular das súas instalacións:

  • Abono Básico (vestiarios, armarios e pista de atletismo)
  • Abono mUVer (salas de fitness, actividades dirixidas, pista de atletismo e descontos nas escolas deportivas, Augaventura, Delecer e nos servizos de saúde...)

 

INSTALACIÓNS

Tamén se pode facer un uso libre das instalacións tanto de xeito individual como por parte de grupos de persoas a través dos bonos multideporte, as reservas puntuais e as reservas de temporada. Para máis información relativa ao uso, características e reserva das instalacións, os prezos e formas de pagamento, preme no enunciado deste apartado.

Campus de Ourense

Instalacións propias

  • Campo de herba sintética
  • Pavillón de Deportes: pista polideportiva, sala cardio-fitness, sala de medicina deportiva e fisioterapia, sala multiusos e zona de tenis de mesa
  • Pista de atletismo
  • Pista de tenis

Instalacións alleas (CDU AQA)

  • Piscina
  • Sala de actividades dirixidas

Campus de Pontevedra

Instalacións propias

  • Consulta de saúde (Edificio da Escola de Enxeñería Forestal)
  • Pavillón de Deportes: pista polideportiva, sala cardio-fitness e zona de tenis de mesa

Campus de Vigo

Instalacións propias

  • Campo de herba sintética
  • Campo de herba natural
  • Circuíto de running
  • Edificio de deportes e saúde: salas multiusos, sala de fisioterapia, aula e oficina do gabinete psicopedagóxico
  • Pavillón de Deportes: pista, rocódromo, pista polideportiva e sala cardio-fitness
  • Pista de atletismo
  • Pistas de tenis
  • Parque do coñecemento
  • Zona de tenis de mesa

 

Instalacións alleas (Soom management S.L.)

  • Piscina
  • Pista de squash
  • Sala cardio-fitness
  • Sala de actividades dirixidas
  • Sala de ciclo-indoor

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal

Prezos públicos Área de Benestar, Saúde e Deporte_curso 2020-2021414.22 KB