Un investigador traballa nun laboratorio

Carreira investigadora

Traxectoria profesional investigadora na UVigo dunha ollada!

Velaquí a primeira edición do diagrama resumo sobre a carreira investigadora na Universidade de Vigo, unha adaptación do documento Research Career Path in Spain at a glance da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Trátase dunha gráfica das distintas etapas da carreira investigadora na que se identifican as distintas axudas que poderá solicitar a persoa investigadora en cada momento. Ademais, o documento (dispoñible en galego, español e inglés) contén ligazóns para ampliar información sobre cada unha das convocatorias.

Traxectoria na UVigo

 

Perfís de investigación

O marco europeo da carreira investigadora establece catro perfís diferenciados para encadrar o persoal investigador: R1, R2, R3 e R4. Esta clasificación define as habilidades en cada etapa, tanto para o sector público coma para o privado. 

Perfís de investigación

 

Euraxess

EURAXESS – Researchers in Motion é unha iniciativa paneuropea única na que participan máis de 550 centros de servizos en 40 países diferentes que proporcionan asistencia de balde aos investigadores e ás súas familias en asuntos tales como visados, recoñecemento de diplomas, seguridade social e sobre calquera outro aspecto xurídico e cultural. 

En España, a rede está coordinada pola FECYT e integra 104 centros distribuídos por todas as comunidades autónomas. 

Accede a EURAXESS -Researchers in Motion- e EURAXESS Spain para atopar toda a información sobre os servizos de información e de soporte destinados ao persoal investigador.

 

Máis información

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal