Prevención de riscos e saúde laboral
A Universidade de Vigo traballa pola prevención, eliminación e minimización en todo momento dos riscos que poidan existir no desenvolvemento das diferentes actividades na universidade
Como expresión da nosa preocupación e compromiso coa seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras que integran a Universidade de Vigo, traballamos pola prevención, eliminación, e minimización en todo momento dos riscos que poidan existir no desenvolvemento da súa actividade
Para posibilitar a consecución destes obxectivos é fundamental a observación das condicións de traballo do persoal por medio da recollida e análise de datos sobre os factores de risco e saúde, así como contar cun servizo de persoal especializado que vele polo bo desempeño destas labores e asesore aos órganos de goberno nesta material. Ese equipo especializado é o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL).
Políticas e plan de prevención
A política de prevención de riscos laborais da Universidade de Vigo fundaméntase na satisfacción das necesidades e na mellora das condicións laborais da organización en materia de seguridade e saúde, co fin de protexer todas as persoas que conforman a Universidade de Vigo, cumprir coa lexislación vixente e adoptar un compromiso coa acción preventiva.
O Plan de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto facilitar unha descrición adecuada do SXPRL, para que sirva de guía permanente durante a súa implantación e un funcionamento deste. É o documento básico de referencia e recolle a descrición da estrutura e do funcionamento xeral do SXPRL. É de aplicación nas actividades e nos centros de traballo que integran a Universidade de Vigo.
Se acabas de incorporarte como persoal á Universidade, serache de utilidade a información contida na
Vixilancia da saúde
Recoñecementos médicos periódicos. Campaña de Vixilancia da Saúde 2025
Podes pedir cita para o teu recoñecemento médico vía web, na páxina de Vitaly (Cualtis). Antes de facelo, podes:
- Consultar esta pequena guía na que se explican os pasos necesarios.
- Ler tamén estas instrucións antes de acudir á túa cita, para ver onde tes que ir, coñecer os requisitos para a analítica.
Formación
A organización das actividades formativas en materia de prevención e de riscos laborais lévaa a cabo o SPLR. Para a súa xestión utilizamos a plataforma Bubela, na que podes ver todos os cursos e as xornadas convocados:
Preguntas e respostas sobre prevención de riscos laborais
- InicialLogo da incorporación ao traballo ou despois da asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde.
- Periódico: En función do requirido segundo os riscos aos que estea exposta a persoa traballadora.
- Retorno ao traballo: Logo dunha ausencia prolongada por motivos de saúde: co único obxectivo de identificar calquera relación entre as causas da enfermidade e os riscos existentes no traballo.
- Previos: porque así o esixan normas específicas.
Como persoal da Universidade de Vigo podes solicitar cita para o recoñecemento médico periódico no prazo que se anuncia no Portal de avisos para cada centro de traballo.
Podes consultar a guía para solicitar unha cita en liña para a realización do recoñecemento médico periódico.
Se por algún motivo non puideras solicitala, deberás poñerse en contacto co Servizo de Prevención.
Información sobre os períodos para solicitar cita nos campus e centros.
- Campus de Vigo cidade
(Fac. de Comercio, EE Industrial, Edificio Redeiras e ECIMAT)
Do 27/1/2026 ao 5/2/2026 - Campus de Pontevedra
Do 2/2/2026 ao 5/2/2026 - Fac. CC Xurídicas e do Traballo e servizos centrais
(Edificios Exeria, Ernestina Otero e Miralles; Área de Transporte e Distribución e Área de Benestar, Saúde e Deporte)
Do 9/2/2026 ao 13/2/2026 - Campus de Ourense
Do 19/2/2026 ao 24/2/2026 - Fac. CC Económicas e Empresariais e Biblioteca Central
Do 2/3/2026 ao 6/3/2026 - EE Minas e Enerxía, EE de Telecomunicación e Taller de Valadares
Do 6/4/2026 ao 9/4/2026 - Fac. de Filoloxía e Tradución e Unidade de Xardinaría
Do 27/4/2026 ao 30/4/2025 - EE Industrial (sede campus), Edificio Fundición e CINTECX (MTI)
Do 7/5/2026 ao 12/5/2026 - Edificio de Ciencias Experimentais
Do 7/9/2026 ao 10/9/2026 - Edificios Filomena Dato e Olimpia Valencia
(CACTI-CINBIO e Torre CACTI)
Do 28/9/2026 ao 1/10/2026
No caso de urxencia se o accidente é grave acuda ao centro sanitario máis próximo. En canto sexa posible comuníquelle a situación ao Servizo de Prevención da Universidade cumprimentando o formulario DRPRL-07-01.
No resto dos casos:
- O persoal traballador acollido ao réxime xeral da Seguridade Social deberá acudir ao centro asistencial máis próximo da mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fremap, provistos do DNI e do volante de solicitude de asistencia cuberto, dispoñible, tamén, nas conserxarías dos centros.
- O persoal que estea acollido a Muface deberá acudir ao centro hospitalario que lle corresponda pola súa pertenza ao INSS ou á entidade médica libre que elixa. Para a tramitación do accidente de traballo, deberá poñerse en contacto co Servizo de Nóminas e Seguridade Social para que lle tramiten o Parte de Accidente en Acto de Servicio
Descargando e enviando ao SPRL debidamente cuberto o formulario de solicitude de caixas de urxencias, ou o formulario de reposición de caixas de urxencia, segundo o caso.
A Universidade de Vigo xestiona a prevención de riscos mediante a modalidade organizativa do servizo de prevención propio e o servizo de prevención alleo.
O servizo de prevención propio asesora a universidade, o persoal traballador, ou quen o represente, e o Comité de Seguridade e Saúde. Este servizo desenvolve as especialidades de ergonomía e psicosocioloxía aplicada e seguridade no traballo.
O servizo de prevención alleo, que a Universidade de Vigo ten concertado coa sociedade de prevención Cualtis SLU, completa a actividade preventiva desenvolvendo as especialidades de hixiene industrial e medicina do traballo.
Todos as traballadores e traballadoras teñen dereito a:
- Unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral.
- Recibir información sobre os riscos existentes.
- Participar en todas as cuestións que afecten a seguridade e saúde no traballo, a través de quen os represente legalmente, e a ser consultados/as.
- Recibir formación específica en materia de seguridade e saúde no traballo.
- A vixilancia específica e periódica do seu estado de saúde.
- Dispor de equipos de traballo adecuados ás tarefas que deben realizar.
- Que lles faciliten os equipos de protección individual necesarios para desempeñar as súas funcións.
As traballadoras e traballadores deben:
- Velar pola súa propia seguridade e a das persoas traballadoras que poidan verse afectadas polo seu traballo.
- Usar adecuadamente as máquinas, ferramentas, equipos etc.
- Utilizar e conservar correctamente os equipos de protección individual que a Universidade lles facilite.
- Non pór fóra de funcionamento e utilizar correctamente os dispositivos de seguridade existentes nos medios de traballo.
- Informar das situacións de risco para a seguridade e saúde do persoal traballador.
- Contribuír ao cumprimento das obrigacións establecidas pola autoridade competente.
- Cooperar coa Universidade para que esta poida garantir unhas condicións de traballo seguras que non entrañen riscos para a saúde das persoas traballadoras.
Máis información:
Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Edificio Filomena Dato (planta baixa)
As Lagoas Marcosende
+34 986 814 088
sprlformacionesaude@uvigo.gal




