Bolsas de mobilidade

Destinadas a financiar os gastos derivados dos desprazamentos e mobilidade do estudantado.

Mobilidade de Programas de Doutoramento

Destinada a persoas matriculadas nos Programas de doutoramento para asistencia a congresos e estadías

Máis información

Mobilidade de Máster

Destinada a persoas matriculadas en másteres para a realización de actividades que se teñan que desenvolver nun lugar diferente ao da sede do máster. Solicitudes ata o 14 de xuño

Máis información

Mobilidade - RSU para realización do TFG/TFM en países en desenvolvemento

Destinadas ao alumnado de Grao e Máster da Universidade de Vigo para realizar unha estadía vinculada a entidades de cooperación nos países indicados na convocatoria

Máis información

Mobilidade para a realización de actividades de carácter formativo

Destinadas ao alumnado de Grao ou Máster da Universidade de Vigo. Solicitudes ata o 24 de xuño

Máis información

Ourense exterior

Destinada a cidadáns ourensáns, galegos e españois residentes no estranxeiro, aos seus descendentes e demais cidadáns estranxeiros residentes fóra de España para cursar estudos de primeiro de máster no campus de Ourense. Solicitudes ata o 28 de xuño

Máis información

Bolsas Carolina

Destinada a persoas matriculadas no Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social entre nacionais dun país de América Latina, membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións ou de Portugal

Máis información

 

Programas de mobilidade internacional

Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación

 

Contacta connosco en bolsasformacion@uvigo.es ou chamando ao teléfono 986 814 094