Servizos bibliotecarios
Ademais dos recursos de información dispoñibles, a Biblioteca Universitaria ofrece unha serie de servizos e instalacións para facilitar o uso deses recursos, así como as tarefas de aprendizaxe, docencia e investigación.
Adquisición de bibliografía
Desexas solicitar a compra dun libro ou outro material para a biblioteca ou pedir a subscrición dunha revista ou una base de datos?
- Persoal docente e investigador (PDI)
As solicitudes de adquisicións bibliográficas polo PDI deberán facerse a través do formulario de solicitude de bibliografía de investigación. Con todo, antes de realizar unha solicitude de adquisición debe terse en conta que o uso deste formulario está restrinxido ao PDI da Universidade de Vigo e que antes de facer calquera solicitude cómpre consultar o catálogo en liña da biblioteca para evitar duplicidades.
Verbo das solicitudes de bibliografía con cargo a orzamentos de proxectos de investigación, de programas de doutoramento ou de orzamentos propios dos Departamentos, hai que ter en conta que:
- Nas solicitudes con cargo a proxectos de investigación é imprescindible indicar o nome oficial do proxecto e o nome do director/a ou o investigador/a principal.
- Nas solicitudes con cargo aos programas de doutoramento debe indicarse o título do programa e o nome completo do coordinador/a.
- Nas solicitudes con cargo ao Departamento cómpre indicar o nome completo do Departamento.
- Estudantado e PAS
O estudantado e o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Vigo poden suxerir novas adquisicións a través da caixa de suxestións do catálogo da Biblioteca. Neste caso, hai que comprobar primeiro se a obra xa se atopa nalgunha das bibliotecas da Universidade para evitar duplicidades.
Non esquezas deixar os teus datos (enderezo electrónico, teléfono ...) se queres recibir información sobre a túa suxestión.
Seguimento do pedido: en promedio un libro publicado en España tarda de unha a tres semanas en chegar, mentres que un libro estranxeiro entre tres semanas e dous meses. En ambos os dous casos o prazo de entrega depende da dispoñibilidade, distribución, antigüidade, etc. do título solicitado. O catálogo da biblioteca é a mellor ferramenta para facer o seguimento dun libro dende que se pide. Empregando os diferentes tipos de busca (título, autor, materia, etc.) pódese saber en que situación se atopa o libro. Outra ferramenta para saber que libros chegaron é o apartado Novas adquisicións do catálogo, onde se atopan todas as obras ingresadas na Biblioteca Universitaria no último mes.
O persoal da Sección de Adquisicións está á súa disposición para calquera información ou aclaración sobre novidades, provedores, prezos, estado dos pedidos etc.
Contacto campus Vigo: Ana Quiroga Fraga | xsadqui@uvigo.es | 986 813 846
Contacto campus Ourense: Gloria Araújo Poutas | subdrbco@uvigo.es | 988 387 285
Contacto campus Pontevedra: Charo Pascual Matarranz | subdibcp@uvigo.es | 986 801 996
Bibliometría
Analizamos a produción científica dos membros da Universidade de Vigo e elaboramos estudos e informes bibliométricos. Tamén asesoramos ao persoal investigador en materia de publicación e difusión científica.
Impacto: boletín de información bibliométrica
Contacto: Ana B. Martínez Piñeiro | bibliometria@uvigo.es | 986 130 236
Formación
Impartimos cursos e obradoiros para que mellores as túas competencias no acceso, avaliación, xestión e uso da información. A nosa oferta abrangue todos os niveis: alumnado de grao, posgrao e persoal docente e investigador, na modalidade presencial, virtual e semipresencial.
Contacto: referencia@uvigo.es | 986 813 843
Fotocopiadoras e escáneres
Dispós de máquinas fotocopiadoras de autoservizo e de escáneres para a reprodución parcial de obras con fins educativos e de investigación, e respectando sempre as condicións que establece a Lei de propiedade intelectual.
Consuta a nosa guía de propiedade intelectual
Guías e titoriais
Ofrecémosche unha selección de recursos por materias que che orientarán á hora de buscar a información que precises amais de guías e titoriais para a autoformación.
Préstamo
Servizo para obter en préstamo os libros e outros materiais da biblioteca que inclúe a posibilidade de reservalos e renovalos.
Condicións de préstamo
- Estudantado de grao e de 1º e 2º ciclo da UVigo e centros adscritos: 5 obras, 14 días, 2 renovacións
- PDI da UVigo e centros adscritos, e profesorado visitante: 40 obras durante tempo indefinido
- Estudantado de 3º ciclo da UVigo e centros adscritos, persoas en periodo de elaboración de tese e bolseiros/as ou contratados/as de investigación: 10 obras, 30 días, 5 renovacións
- PAS da UVigo: 5 obras, 14 días, 5 renovacións
- Externos autorizados: 2 obras, 7 días, 2 renovacións
- Servizos de goberno e xestión da UVigo: número ilimitado de obras durante 1 ano, renovables
- Proxectos de investigación: número ilimitado de obras, tempo indefinido, responsable o titular do proxecto
- Laboratorios: manuais, número ilimitado de obras, tempo indefinido, a cargo do responsable do laboratorio
Consulta a normativa de préstamo
Contacto: xscirc@uvigo.es | 986 813 845
Préstamo interbibliotecario
Os servizos de préstamo interbibliotecario e acceso ao documento permítenlles aos membros da comunidade universitaria e demais persoas autorizadas, conseguir libros e documentos que non se atopan nas nosas coleccións. Do mesmo xeito proporcionan documentos existentes na Biblioteca Universitaria a outras bibliotecas e institucións alleas á Universidade de Vigo.
Contacto: sod@uvigo.es | 986 813 844
Refworks
Administrador persoal de referencias bibliográficas en liña que facilita a recompilación de información e a creación automática das citas e das bibliografías nos traballos académicos nun estilo normalizado (APA, MLA etc.)
Salas de traballo en grupo (pechadas ata novo aviso)
Algunhas bibliotecas ofrecen salas habilitadas para o traballo en equipo que podes reservar se pertences á comunidade universitaria: biblioteca de Ciencias Experimentais (campus Vigo), biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais (campus Vigo), biblioteca de Industriais-Minas (campus Vigo) e Biblioteca de Telecomunicación (campus Vigo). Na biblioteca central do campus de Ourense existe tamén unha sala de traballo en grupo con 60 postos para a que non é necesario reservar.
Conéctate
Conéctate á Biblioteca desde fóra da universidade e accede a todos os recursos e servizos.