
Feira de emprego
A Universidade de Vigo colabora con outras universidades e entidades no desenvolvemento de feiras de emprego, tanto presenciais como virtuais
EmpregoinCampus 2024
A feira EmpregoinCampus bríndalle á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais ofrecidas por máis de 100 entidades de moi diversos sectores así como de contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección.
Ademais de visitar as mesas informativas da feira, disporás do Pasaporte de empregabilidade, un espazo no que poderás recibir asesoramento sobre o teu CV e facerte unha foto de calidade para que podas usala no teu currículo ou nas túas redes sociais profesionais.
A entrega do currículo ás empresas farase a través dun código QR xerado cando as persoas candidatas (estudantes e alumni) se rexistren.
- Máis información proximamente
EmpregoinCampus Vigo
Día: a principios de marzo de 2024
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Campus As Lagoas, Marcosende, Vigo.
EmpregoinCampus Vigo está organizada polas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de Ciencias Experimentais e conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
- Máis información proximamente
EmpregoinCampus Ourense
Día: a mediados de marzo de 2024
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Pavillón universitario de deportes, Campus As Lagoas, Ourense
EmpregoinCampus Ourense está organizada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e conta co apoio da Vicerreitoria do Campus de Ourense, da Deputación de Ourense e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
- Máis información proximamente
Edicións anteriores
Feira de emprego 2023
EmpregoinCampus 2023
EmpregoinCampus Vigo
Día: xoves 16 de marzo
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. As Lagoas, Marcosende. 36310 Vigo.
EmpregoinCampus Vigo está organizada polas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de Ciencias Experimentais e conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
EmpregoinCampus Ourense
Día: mércores 22 de marzo de 2023
Horario: de 10.00 a 19.00 h
Onde: Pavillón universitario de deportes. As Lagoas. 32004 Ourense
EmpregoinCampus Ourense está organizada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e conta co apoio da Vicerreitoria do Campus de Ourense, da Deputación de Ourense e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
Feira de emprego 2022
EmpregoinCampus 2022
A primeira feira internacional EMPREGOinCAMPUS xorde para pór en contacto a persoas tituladas e o estudantado do último curso con empresas colaboradoras que estean buscando talento na Universidade de Vigo.
A Área de Emprego e Emprendemento organiza este evento co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, o Concello de Vigo e o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, así como coa colaboración da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o IEFP de Portugal, CIM-AM - Camara Municipal de Valença-Alto Minho- e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.
EMPREGOinCAMPUS terá lugar nas facultades e escolas dos tres campus universitarios en tres datas distintas en función do campus e do perfil das candidaturas. As datas da feira e os prazos de inscrición e de publicación da listaxe de empresas participantes dependerán de cada campus.
Convidámoste a botarlle un ollo aos distintos perfís buscados e a participar de balde na feira EMPREGOinCAMPUS!
Velaquí as datas das edicións da feira en cada campus e toda a información que precisas para inscribirte.
EmpregoCampus en Vigo
27 e 28 de abril: ámbitos xurídico-empresarial e linguas nos negocios
Perfil das candidaturas
Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, economía, comercio exterior, relacións laborais, tradución e interpretación e filoloxías.
Cando e onde?
Os días 27 e 28 de abril de 2022, na entrada das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Programa
Inscrición
Empresas
Prazo: ata o 15 de abril de 2022
Estudantes e persoas egresadas
Prazo: ata o 26 de abril de 2022
EmpregoinCampus en Ourense
Ámbitos xurídico-social, humanístico, científico e tecnolóxico: aprazada
- Ámbito xurídico, social e humanístico
Perfil das candidaturas
Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: administración e dirección de empresas, dereito, educación infantil, educación primaria, educación social, xeografía e historia, e traballo social e turismo.
- Ámbito científico e tecnolóxico
Perfil das candidaturas:
Estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias ambientais, enfermaría, enxeñarías aeroespacial, agraria e informática, e tecnoloxía dos alimentos.
EmpregoinCampus en Pontevedra
Ámbitos da comunicación, deseño e artes; educación, saúde e deporte; dirección e xestión pública: aprazada
- Ámbito: comunicación, deseño e artes
Perfil das candidaturas: estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: belas artes, comunicación audiovisual e publicidade e relacións públicas.
- Ámbito: educación, saúde e deporte
Perfil das candidaturas: estudantes de último curso ou persoas tituladas nos seguintes graos e mestrados afíns: ciencias da actividade física e do deporte, educación primaria e secundaria, enfermaría e fisioterapia.
Feira de emprego 2021
A Universidade de Vigo está colaborando coa de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal e o IEFP/EURES Portugal na organización de OneJob 2021, a segunda edición da súa feira europea de emprego en liña.
Días: 28 e 29 de outubro de 2021
Formato: en liña
Prazo de inscrición: 15 de outubro (empresas) e 27 de outubro (candidaturas)
Empresas
Gustaríache incorporar novos e novas profesionais nos teus equipos de traballo? Queres ampliar a túa busca de talento a persoas universitarias de toda Europa?
Se contestaches que si a estas preguntas, inscríbete!
Sen necesidade de efectuar pagamentos nin desprazamentos poderás:
- Rexistrarte e crear/actualizar o perfil da túa entidade como expositor na plataforma.
- Promover as túas ofertas de emprego ou de prácticas en Europa, con especial foco en España e Portugal
- Interactuar con candidaturas do teu interese a través dun chat individual os días da feira.
- Planificar e realizar entrevistas en liña individuais tanto durante a feira como ao longo da semana posterior a esta.
- Incluír unha presentación da túa empresa e das posibles necesidades de recrutamento no programa do evento
Aínda que se empregará o inglés como principal idioma de traballo, tamén se poderá usar o español e o portugués.
Estudantado e persoas egresadas
Estás a buscar emprego? Queres candidatarte a empregos que coincidan co teu perfil universitario? Talvez queiras participar nalgunha entrevista de recrutamento?
Se contestaches afirmativamente a estas preguntas e, ademais, queres beneficiarte dun programa en vivo de presentacións de empresas que cobren unha ampla gama de temas (busca de emprego, mobilidade, ofertas de emprego...), inscríbete!
Os únicos requisitos para participares son ter acceso a:
- Un ordenador, tableta ou teléfono intelixente con acceso a internet
- Un auricular con micrófono
- Idealmente, unha cámara web
- Unha conta de Skype (para charlar e realizar posibles entrevistas de recrutamento durante o evento)
Feira de emprego 2019
A Finde.U ten como obxectivo reforzar a conexión existente entre Galicia e o norte de Portugal poñendo aos principais empregadores españois, portugueses e internacionais en contacto directo co talento universitario dos máis de 66.000 estudantes e cerca de 150.000 persoas tituladas polas catro institucións.
A feira presentou tres eventos:
- Feira Virtual. Realizada a través da web os días 9 e 10 de abril de 2019
- Feira presencial en Vigo. IFEVI. 22 e 23 de outubro de 2019
- Feira presencial en Porto. EXPONOR. 29 e 30 de outubro de 2019
Máis de 150 empresas de todos os sectores participaron nos eventos presenciais de Porto e Vigo.
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 810 437
orientacionlaboral@uvigo.gal