Aloxamento

En cada un dos campus da universidade existe unha ampla oferta de diferentes tipos de aloxamento dende residencias universitarias a pisos de aluguer. Ademais existen axudas que a universidade convoca anualmente.

Imaxe dunha mudanza

Onde aloxarse?

Centros propios ou concertados

Coas máis modernas instalacións e uns servizos pensados para que vivas e estudes ao teu ritmo mentras desenvolves a túa carreira académica e profesional.

A residencia atopase no campus sur, a 5 minutos das facultades e preto do casco antigo de Ourense.

Outros aloxamentos

Existen outras residencias para estudantes na cidade de Ourense que, aínda que non pertencen á Universidade de Vigo, tamén están á disposición do estudantado.

  • Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Xunta de Galicia)
    Rúa de Arturo Pérez Serantes, 2
    32005 Ourense
    +34 988 78 87 94
  • Residencia universitaria do campus de Ourense
    Rúa da Telleira, 7
    32004 Ourense
    +34 988 24 69 74 | 639 079 455 | 630 403 047
    Información e reserva
     

 

 

Aloxamento en Pontevedra


Residencia de estudantes Afundación Abanca
Avenida de Vigo, 21 int
36003 Pontevedra
+34 986 85 69 08

O Hotel City Express Comercio en Pontevedra ofrécelle aloxamento ao estudantado con prezos de residencia e con servizo de hotel.

Centros propios ou concertados

As máis modernas instalacións e uns servizos pensados para que vivas e estudies ao teu ritmo mentras desenvolves a túa carreira académica e profesional.

A residencia atópase no campus de Vigo, a 2 minutos camiñando da Área Comercial e da Reitoría.

Residencias alleas

Existen outras residencias para estudantes na cidade de Vigo que, aínda que non pertencen á Universidade de Vigo, tamén están a disposición do estudantado.

Baiona Campus Residencial Universitario

Baiona é un bo lugar para residir mentres estudas na Universidade de Vigo. Grazas a un servizo de autobús desde o centro de Baiona ata o campus de Vigo, Baiona é a mellor alternativa para residir. A vila conta cunha ampla variedade de aloxamentos (pisos indiciduais, compartidos e residencia de estudantes), ademais de contar con todos os servizos nun radio de 300 metros.  

Outro tipo de aloxamentos

O hotel O Pazo e a residencia Fonte Alvite son establecementos situados preto do campus de Vigo cunha parada de autobús urbano da liña L8 a poucos metros do hotel. Contan con todos os servizos necesarios e ofrecen aloxamento tanto para o estudantado como para o persoal da Universidade de Vigo.

 

Para máis información, podes contactar directamente con cada aloxamento.