dedo sinalando un país nun globo terráqueo

Estudantado internacional

Na Universidade de Vigo ofrecemos diversas posibilidades ao estudantado internacional en función das súas preferencias:

 

Estudantes regulares

Se o que queres é cursar estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, máster ou doutoramento en calidade de estudante regular (non de intercambio), deberás consultar a información de acceso.

MÁIS INFORMACIÓN

 

Estudantes de intercambio

Estudantes de intercambio ao abeiro do Programa Erasmus+ e doutros programas de mobilidade internacional.

MÁIS INFORMACIÓN

 

Estudantes visitantes

Se a túa universidade de orixe non ten un acordo de intercambio coa Universidade de Vigo e aínda queres estudar na UVigo por un período ou un ano académico enteiro, podes facelo solicitando estudar como estudante internacional visitante.

Este programa permíteche matricular en diferentes cursos sen obter un título, pero ao final da túa estadía recibirás unha certificación dos créditos obtidos. De volta á universidade de orixe, podes solicitar a validación dos cursos que tomaches.

MÁIS INFORMACIÓN

 



Feiras de orientación para o estudantado internacional

Feira Localidade Datas Web
Estudar na Espanha Río de Janeiro e Belo Horizonte
Brasil
25 e 25 de outubro de 2023 https://feriaestudiarenespana.com/
Qualifica Porto (Exponor ExhibitionsI
Portugal
6-9 de marzo de 2024 https://qualifica.exponor.pt/

 

 I Feira de estudos en España para Portugal

A Universidade de Vigo participa na I Feira virtual Estudar en España en Portugal (I Feria EeE Portugal) organizada polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) a través da súa Unidade de Internacionalización da Educación Superior Española.

O obxectivo deste evento é dar a coñecer a nosa oferta formativa de grao e de posgrado ao futuro alumnado de Portugal que desexe cursar estudos na nosa institución.

Inscrición


 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 751
incoming.ori@uvigo.gal