
Docencia e formación con perspectiva de xénero
A perspectiva de xénero na docencia do ensino superior é una das estratexias fundamentais para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Na actualidade, existe un prolífico marco normativo que así o indica: a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, a Lei 14/2011, de ciencia, tecnoloxía e innovación, a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, o actual Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os sucesivos plans de igualdade da propia Universidade de Vigo, entre outros.
Unha docencia con perspectiva de xénero estimula o pensamento crítico e promove a igualdade de xénero e a Universidade de Vigo debe converterse nun referente social e situar a igualdade entre mulleres e homes no eixo central da nosa institución.
Itinerario formativo virtual en xénero
Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Inscrición
Debido a un problema técnico na web do Itinerario formativo virtual en xénero, recomendámosvos acceder á inscrición dos cursos a través da seguinte ligazón:
Valoracións
Web do itinerario formativo virtual en xénero
Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG e TFM
Os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG e TFM da Universidade de Vigo queren recompensar a quen, con esforzo e implicación, traballa para consolidar os estudos de xénero e xerar unha epistemoloxía feminista en calquera dos ámbitos de coñecemento. Para o premio utilizouse o nome da galega Egeria, viaxeira e escritora, unha intrépida muller que no século IV narrou por primeira vez as súas viaxes a través de cartas coas súas amigas.
Desde a primeira convocatoria en 2014, son moitos os traballos de investigación recoñecidos con este galardón, o que demostra a calidade das novas investigadoras e investigadores e a súa vontade de incorporar a perspectiva de xénero na súa formación e no seu desenvolvemento profesional.
De acordo co establecido na normativa de transparencia e acceso á información pública e de protección de datos persoais, as persoas que accedan aos datos identificativos dos autores e autoras dos traballos de TFG e de TFM publicados neste repertorio non poderán utilizalos para unha finalidade distinta á da súa consulta sen ter autorización previa da persoa titular destes, que para todos os efectos serán as responsables en caso de incumprimento.
Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero
Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero é unha colección de 27 guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada á lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do sistema universitario galego.
Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento:
A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionarlle material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.
Deseguido podes ver o vídeo da xornada de presentación das guías que tivo lugar o pasado 10 de setembro de 2020:
Xornada Universitaria Galega en Xénero
Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade as Xornadas Universitarias Galegas en Xénero (Xugex), que constitúen un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
A continuación enumeramos todas as edicións que tiveron lugar ata a actualidade:
- I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise
20 e 21 de xuño de 2013 na Universidade de Santiago de Compostela - II Xornada Universitaria Galega en Xénero
12 de xuño de 2014 na Universidade da Coruña - III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI
5 de xuño de 2015 na Universidade de Vigo - IV Xornada Universitaria Galega en Xénero. Perspectiva de xénero na docencia universitaria
15 de xullo de 2016 na Universidade de Santiago de Compostela - V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a universidade
7 de xullo de 2017 na Universidade de Vigo - VI Xornada Universitaria Galega en Xénero. (Re)Construíndo o coñecemento
14 de xuño de 2019 na Universidade da Coruña (actas) - VII Xornada Universitaria Galega en Xénero. Desigualdades de xénero en tempos de covid
19 e 11 de de xuño de 2021 (vídeo)
Para máis información, podes contactar con:
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419