Servizos informáticos
Na Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións encargámonos de xestionar e administrar todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo, así como de configurar e administrar todas as infraestruturas e servizos informáticos relacionados coa rede de comunicacións, telefonía, atención ás persoas usuarias, webs e sistemas, cubrindo as necesidades de apoio informático ás tarefas de estudo, docencia, investigación e xestión.
É unha área transversal a toda a institución e os nosos servizos son utilizados a diario por toda a comunidade universitaria. Detrás destes servizos hai un equipo humano que está implicado e motivado na procura dunha mellora constante.
Guías de uso
A ATIC ofrece unha plataforma completamente orientada a guiar e explicar como acceder e utilizar as infraestructuras e os recursos informáticos que pon a disposición de toda a comunidade universitaria.
Soporte lóxico á túa disposición
Temos un servizo de xestión de licenzas de soporte lóxico e distintos contratos de licenza que poñemos á disposición da comunidade universitaria. Por favor, consulta e cumpre as condicións particulares de cada un deles.
Soporte ás persoas usuarias
O SAUM (Servizo de Atención a Usuarios/as e Microcroinformática) é o punto de entrada das comunicacións dos usarios cos Servizos Informáticos.
As tarefas de soporte e atención a usuarios fanse por distintas canles: presencial, telefónica, correo electrónico, páxina web, servizos de descarga de arquivos, telemática.
A atención telefónica pode ser iniciada directamente polo usuario, a través dos teléfonos da seguinte táboa, na que tamén se atopan os enderezos electrónicos de contacto.
O horario de atención ao público pode verse reducido en períodos especiais como o de vacacións, pero en calquera outro caso é de 8.30 da mañá a 20.30 h da tarde, de luns a venres. Este horario de atención pode verse reducido nalgúns campus. Deseguido podes consultar toda a informacaión que precisas:
- Vigo, central
De 8.30 a 20.30 h, no teléfono +34 986 812 668
saum@uvigo.gal
- Vigo, ámbito tecnolóxico
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
De 9.00 a 15.00 h, no teléfono +34 986 812 248
siteleco@uvigo.gal
Escola de Enxeñaría Industrial
De 9.00 a 15.00 h, no teléfono +34 986 811 939
siatec@uvigo.gal - Vigo, ámbito científico
De 8.30 a 14.30 h, no teléfono +34 986 818 663
saum-ci@uvigo.gal - Vigo, ámbito jurídico-social y humanidades
Comunicación de incidencias e peticións de soporte: soporte-xsh@uvigo.gal
Outras cuestiones: saum-xsh@uvigo.gal
+34 986 818 719 | 647 343 017
Horario de atención: de 8.30 a 14.30 h - Ourense
Edificio Administrativo
De 8.30 a 20.30 h, no teléfono +34 988 387 045
saum-ou@uvigo.gal - Pontevedra
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
De 8.30 a 14.30 h, no teléfono +34 986 802 030
saum-po@uvigo.gal