Fisioterapia

Saúde e benestar

A Universidade de Vigo quere impulsar a saúde e o benestar da súa comunidade universitaria

Saúde e benestar da comunidade universitaria

Existen diferentes iniciativas co obxectivo de favorecer a adquisición de hábitos saudables entre o seu persoal e o seu estudantado nos ámbitos da alimentación, a actividade física, a saúde psicosocial ou o medio ambiente.

Ademais, a comunidade universitaria ten a súa disposición diferentes servizos de saúde (servizo médico, consulta psicopedagóxica, ...) para axudar a resolver os posibles problemas que poidan xurdir ao longo da súa estancia no campus.   

A Universidade de Vigo forma parte da Rede Española de Universidades Promotoras de Saúde (REUPS) dende o ano 2009 e adquire un compromiso de cara á protección e o desenvolvemento da saúde e o benestar da súa comunidade universitaria. 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal