Certificados ISO
As certificacións de sistemas de xestión e mais as acreditacións dos laboratorios son outorgadas polas entidades certificadoras recoñecidas pola entidade nacional de acreditación (Enac).
Certificacións do sistema de xestión de calidade ISO 9001
Demostran a nosa capacidade para proporcionar produtos e servizos que satisfacen os requisitos dos nosos usuarios e usuarias e os regulamentos aplicables.
Certificacións do sistema de xestión medioambiental ISO 14001
Demostran a nosa capacidade para xestionar os aspectos ambientais de cada unha das actividades que desenvolvemos, para promover a protección ambiental e a prevención da contaminación.
Acreditacións de calidade nos laboratorios de ensaio e calibración ISO/IEC 17025
Demostran a competencia técnica dos nosos laboratorios e garanten a fiabilidade nos resultados dos ensaios e das calibracións.