Equipo de goberno da Universidade de Vigo no edificio Ernestina Otero

O goberno da UVigo

 

O réxime de goberno da Universidade de Vigo fundaméntase no principio de representación de todos os sectores da comunidade universitaria nos seus órganos colexiados, así como no de designación por elección das persoas que van ocupar os cargos académicos, agás as excepcións establecidas explicitamente nos seus estatutos. 

No cumio da estrutura do goberno da Universidade de Vigo, a reitoría, como órgano unipersoal de máxima autoridade, exerce a representación de toda a universidade. Acompaña este órgano, un equipo de goberno formado por once vicerreitorías e unha secretaría xeral. As diferentes vicerreitorías constitúen órganos unipersoais de xestión de goberno e representación en diferentes áreas. A Secretaría Xeral está a cargo dun director.

 

Órganos unipersoais e órganos colexiados 

A estrutura de goberno das universidades españolas ven definida polo artigo 13 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades e polos seus propios estatutos.

Na Universidade de Vigo establécense: 

  • Órganos unipersoais: o reitor ou reitora, os vicerreitores ou vicerreitoras, o secretario ou secretaria xeral, a persoa que ocupe a xerencia da Universidade, os decanos ou decanas e os vicedecanos ou vicedecanas de facultades, os directores ou directoras de escolas, os directores e directoras de departamentos e de institutos universitarios de investigación.
  • Órganos colexiados, nos que se encontran representados todos os sectores da comunidade universitaria: Consello Social, Claustro Universitario, Tribunal de Garantías, Consello de Goberno, consellos de campus, xuntas de centro, consellos de departamento e consellos de institutos universitarios.