Consellos de departamento
Os consellos de departamento son órganos colexiados de representación e decisión de cada departamento
Un dos seus cometidos de relevancia é a presentación da petición á Universidade do seu PDI e dos recursos económicos e materiais precisos para levar adiante candanseu plan de actividades.
Funcións
- Idear a proposta de plan de ordenación docente que lle corresponda, de conformidade coa normativa da Universidade e coas necesidades xustificadas polos centros, coordinando as ensinanzas que se lle atribúan.
- Elaborar informes sobre as necesidades de persoal docente e investigador necesario para executar a súa planificación de actividades docentes e investigadoras, atendendo e respectando as necesidades xustificadas polos centros.
- Fomentar e promover proxectos, convenios e contratos de investigación e de desenvolvemento.
- Participar nos procedementos de selección do PDI nos termos que regulamentariamente determine o Consello de Goberno.
- Intervir na xestión da calidade que lle corresponda.
- Xestionar e administrar a súa asignación orzamentaria, así como solicitar os recursos económicos e materiais necesarios para exercer as súas funcións.
- Programar e asignar os seus medios e recursos, así como coidar, manter e renovar os seus bens.
- Promover actividades e iniciativas docentes, investigadoras e de transferencia de coñecemento do seu persoal académico.
- Impulsar a formación e a renovación pedagóxica, científica, técnica ou artística do seu persoal docente e investigador.
- Todas as funcións que estes estatutos e outras disposicións vixentes lles poidan atribuír.