Sistema de garantía de calidade

O obxectivo do Programa FIDES-AUDIT (Sistema de Garantía de Calidade) é guiar os centros no seu labor de integración de todas as actividades relacionadas coa garantía de calidade das ensinanzas e favorecer os procesos de verificación, seguimento e renovación da acreditación das titulacións.

É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
 

Alcance

As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento impartidas nas facultades e nas escolas propias e adscritas da nosa universidade.
 

Fases e funcionamento

A ACSUG establece as esixencias de calidade a partir dos criterios e directrices para a garantía de calidade no EEES actualizados no ano 2015 pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior (ENQA).

Os sistemas de garantía de calidade (SGC) que deseñamos desenvolven estas esixencias e criterios, que se aplican nos centros. 

Esta fase de deseño dos SGC é obrigatoria para os centros e debe ser certificada despois de superar unha avaliación documental. A aplicación e mellora deste funcionamento pode dar lugar a unha fase de certificación da implantación dos SGC, voluntaria, nos centros que desexen mostrar a súa madurez na implantación efectiva e na calidade da súa xestión.
 

Normativa


Documentación
​​​​​​​

 

 

Manuais de calidade 

Procedementos

1. Procesos estratéxicos


1.1. Dirección estratéxica (DE)


1.2. Mellora continua (MC)

2. Procesos clave


2.1. Xestión académica (AC)


2.2. Docencia (DO)


2.2.1 Xestión dos programas formativos (DO-01)


2.2.2. Planificación e desenvolvemento do ensino (DO-02)


2.2.3. Información pública e rendemento de contas (DO-03)

3. Procesos soporte


3.1. Xestión da infraestrutura (IA)


3.2. Xestión do persoal (PE)


3.3. Xestión documental

 

 

Aplicacións

Para xestionar os rexistros do sistema de garantía de cada centro, podes acceder á aplicación de calidade na secretaría. 
 

 Secretaría


Resultados