Eido, Escola Internacional de Doutoramento

A Eido é un centro de educación superior universitaria da Universidade de Vigo que ten a finalidade de organizar, dentro do seu ámbito de xestión, as ensinanzas e as actividades propias do doutoramento

EIDO

 

A creación da Escola Internacional de Doutoramento (Eido) da Universidade de Vigo (Eido da UVigo) fíxose efectiva coa publicación do Decreto 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do sistema universitario de Galicia (DOG do 26 de xuño de 2013). Con posterioridade, notificóuselle a creación da devandita escola ao Ministerio de Educación a través de Dirección Xeral de Política Universitaria para os efectos da súa inscrición no rexistro de universidades, centros e títulos (RUCT), e queda rexistrada co código 36020684.