Edificio Miralles

Información institucional

Coñece os nosos plans, programas e políticas, os estatutos e as normativas, as convocatorias abertas… Atopa tamén que xestións podes facer e o rexistro electrónico. 

Ademais, podes consultar o Portal de Transparencia, os calendarios e atopar outras páxinas relacionadas coa actividade da UVigo.

Misión

A Universidade de Vigo é unha institución pública, autónoma, aberta á contorna e con vocación internacional, comprometida coa igualdade, co progreso económico e co benestar social de Galicia. Mediante unha ensinanza e unha investigación de calidade, contribuimos á creación e á transferencia de coñecemento, á formación integral das persoas, ao desenvolvemento científico e tecnolóxico, á innovación e ao crecemento intelectual da sociedade multicultural e plurilingüe na que estamos.

Visión

Aspiramos a ser un referente innovador dentro do sistema universitario na docencia, a investigación básica e aplicada, a xestión e a transferencia da ciencia e o coñecemento, a internacionalización das nosas actividades, en especial en Latinoamérica e os países lusófonos, e á integración harmónica coa contorna sendo, ademais, un instrumento socialmente vertebrador e catalizador do debate intelectual e das novas ideas.

Somos unha universidade pública, galega e de calidade, que quere consolidarse como unha institución igualitaria, plural e participativa, comprometida coa cooperación institucional, coa solidariedade e coa preservación do medio natural, recoñecida e valorada pola formación integral do seu alumnado, tanto no campo profesional coma persoal, pola calidade dos servizos ofrecidos, pola eficiencia, eficacia e transparencia da súa xestión e polo seu prestixio académico.