Buscador de TFG e TFM
De acordo coas accións de mellora da calidade previstas no plan de financiamento do sistema universitario de Galicia 2016-2020, a Universidade de Vigo creou este espazo específico no portal web institucional para ofrecerlles aos membros da nosa comunidade e a toda a sociedade información pública sobre os traballos de fin de grao e de fin de mestrado realizados na nosa institución.
Velaquí unha ferramenta que che permitirá realizar as túas buscas por centro, por ano de lectura ou por palabra e coñecer os seguintes datos de cada traballo: título, data de defensa, dirección, composición do tribunal, facultade ou escola, resumo do contido e palabras chave.
Normativa
O traballo de fin de grao é un proxecto persoal e orixinal, tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización dun profesor ou profesora. Este traballo deberá permitirlle ao estudantado amosar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas á titulación. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade pola persoa interesada nalgunha materia de calquera titulación na Universidade de Vigo ou noutra institución académica, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.
Deseguido poñemos á túa disposición a información normativa específica da Universidade de Vigo que serve de regulación aos traballos de fin de grao e de mestrado. As súas finalidades son unificar os procedementos que faciliten o seu desenvolvemento e a súa xestión administrativa; procurar que, en función das particulares características que o traballo ten entre as materias da titulación, se manteña a súa integración na estrutura das ensinanzas; e garantirlle ao alumnado que a elaboración, a defensa e a avaliación do seu traballo se poida desenvolver de manera axeitada:
- Regulamento para a realización do traballo de fin de grao
- Regulamento para a realización do traballo de fin de mestrado
Asesoramento e formación
A Área de Normalización Lingüística pon á disposición do estudantado unha guía para mellorar a calidade lingüística no galego escrito nos traballos de fin de grao e de mestrado. Esta guía articúlase en varios apartados: observacións lingüísticas; solucións a erros recorrentes; claves para mellorar os traballos; criterios lingüísticos adoptados pola Universidade de Vigo; recursos e ferramentas informáticas; material didáctico elaborado da Área de Normalización Lingüística e anexos que resolven, a través de listaxes de termos, cuestións relacionadas coas abreviaturas, acento diacrítico, estranxeirismos, siglas, a táboa periódica dos elementos e termos abstractos e xenéricos e colectivos referidos á linguaxe inclusiva:
Información nas páxinas dos centros
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
- Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín
- Escola de Enxeñaría Forestal
- Escola Universitaria de Enfermaría (Pontevedra)
- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
- TFG
- TFM (Máster en dirección integrada de proxectos)
- TFM (Máster en investigación e innovación en didácticas específicas para educación infantil e primaria)
- TFM (Máster en Investigación en actividade física, deporte e saúde)
- TFM (Máster en necesidades específicas de apoio educativo)
- TFM (Máster en profesorado en ESO, bacharelato, FP e ensino de idiomas)
- Facultade de Comunicación
- Facultade de Fisioterapia
Campus de Vigo
- Escola de Enxeñaría Industrial
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
- Escola Universitaria de Enfermaría (Meixoeiro)
- TFG
- Escola Universitaria de Enfermaría (Povisa)
- Facultade de Comercio
- Escola Universitaria de Profesorado de EXB
- Facultade de Bioloxía
- TFG
- TFM (Máster en acuicultura)
- TFM (Máster en biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión)
- TFM (Máster en bioloxía mariña)
- TFM (Máster en biotecnoloxía avanzada)
- TFM (Máster en neurociencia)
- TFM (Máster en profesorado en ESO, bacharelato, FP e ensino de idiomas)
- TFM (Máster en xenómica e xenética)
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Facultade de Química
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal