![Sobre un fondo negro vese unha man estendida en sinal de chegar a acordo](/sites/uvigo.gal/files/styles/background/public/media/images/2018-03/CabeceiraContratarColaborar_0.jpg?h=6f196220&itok=scApOYhF)
Contratar e colaborar coa universidade
Existen diferentes modelos de colaboración entre empresas, organizacións e a universidade. Atopa toda a información para provedores, convenios de colaboración ou contratos de I+D
A Universidade de Vigo, a través dos nosos grupos de investigación, é unha peza fundamental na sociedade galega. Ademais da nosa faceta académica e formadora, somos xeradores de valor e de coñecemento.
Plenamente integrada no tecido empresarial da súa contorna e como un elemento integrador importantísimo, a universidade medra da man doutros axentes do sistema da innovación, especialmente das empresas, e coa mirada posta no futuro.
No tocante á I+D, existen diferentes modelos de colaboración:
Do mesmo xeito, a universidade precisa traballar con moi diversas empresas provedoras para o correcto desenvolvemento de todas as súas actividades.
Se así o desexan, as empresas e organizacións tamén poden colaborar coa UVigo na súa faceta formativa, a través de convenios de cooperación educativa para ofrecer, por exemplo, a posibilidade de realizar prácticas ao estudantado, tanto de grao como de máster, das diferentes especialidades.
As persoas, institucións e empresas teñen, así mesmo, a posibilidade de unirse á UVigo mediante o patrocinio e mecenado de actividades sociais ou liñas de investigación.
Nesta sección atoparás información útil para coñecer o funcionamento de todos os tipos de colaboracións e convenios.