Ofertas de emprego

A través da súa Área de Emprego e Emprendemento, a Universidade de Vigo ofrece un servizo de difusión de ofertas de emprego. Deste xeito, as entidades empregadoras poderán publicar as súas ofertas laborais, tanto nacionais como internacionais, á vez que os universitarios e universitarias en busca de emprego poderán rexistrarse para presentar a súa candidatura.

Trátase dunha oportunidade moi rápida, fácil, cómoda e gratuíta de acceder a moitas das vacantes existentes nun determinado momento e axeitadas ás titulacións impartidas na Universidade de Vigo.

O Servizo de Intermediación Laboral está á disposición das entidades empregadoras para axudalas cos procesos de selección e coa organización de dinámicas concretas.

JobTeaser é a plataforma que usa a UVigo para xestionar as ofertas de emprego da Axencia de Colocación da Universidade de Vigo. Esta plataforma inclúe contido reservado para os membros da comunidade universitaria, tanto para o estudantado como para os membros Alumni-UVigo.

 

Máis información:

Servizo de Intermediación laboral
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 110
insercionlaboral@uvigo.gal

Linkedin